Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 25 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A asociación Adapta inicia curso de poda de vides para formar a persoas con discapacidade

É de carácter gratuíto pero é necesario facer canto antes a reserva de praza.

O curso contará cunha duración de 30 horas que van ser impartidas de luns a venres en horario de 16.30 a 19.30 horas, iniciando este luns 25 de xaneiro e rematando o venres 5 de febreiro.

 

É gratuíto, pero o número de prazas é limitado, polo que as persoas que estean interesadas en asistir deben canto antes inscribirse no centro Asprodico de Ponteareas chamando aos teléfonos 986 916 012 ou no 662 947 289.

 

Con este curso de laboreo e poda da vide,  a asociación Adapta inicia a programación de formación que ten preparada para este ano 2016 dirixido a persoas con discapacidade, co fin de mellorar os coñecementos e formalas para o emprego.

 

Precisamente na comarca, durante o ano pasado inseríronse laboralmente a través do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI (SIL) un total de 51 persoas con discapacidade e, actualmente, están apuntados na bolsa de emprego 593 persoas. COGAMI conta cun orientador laboral, José Manuel Bermúdez, que se despraza tres días na semana á comarca do Condado e Paradanta para atender as necesidades das persoas con discapacidade da zona. Para contactar co orientador, sería no teléfono 986 281 893 ou no correo silvigo@cogamil.es.

 

Asociación ADAPTA


Esta entidade, que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.


A entidade creouse en 2003, tendo como ámbito de actuación os concellos que conforman a comarca de O Condado e Paradanta. Dende os inicios está intentando consolidar servizos destinados ao coidado da saúde das persoas como fisioterapia, natación terapéutica, hidroterapia e logopedia,  sen esquecer tamén o desenvolvemento de programas de formación e actividades de lecer e de tempo libre.

 

Para ampliar información, contactar con Paula Táboas nos teléfonos 986 916 012  ou
662 947 289.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.