Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 23 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Alcaldesa e concelleiras presentan a programación de Entroido en Mos

O prato forte é o tradicional desfile de comparsas do domingo 7 de febreiro ás 17:30 horas na Avenida de Sanguiñeda, que conta con 21 agrupacións inscritas

[Img #22565]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, presentaron hoxe a programación para o Entroido, que como cada ano contará cunha festa para os usuarios de ASODIFISI as Escravas da Virxe Dolorosa, e nesta ocasión tamén de Doral Residencias; unha festa infantil, os obradoiros infantís de Entroido e o tradicional desfile de comparsas.

 

  A festa de Entroido para os usuarios de ASODIFISI, das Escravas da Virxe Dolorosa e de Doral Residencias terá lugar o venres 5 de febreiro das 17:00 ás 20:00 horas no Multiusos das Pozas.

 

 A festa infantil “Luns de Entroido”, enmarcada dentro do programa “Ocio en Familia: Mos Familiar”, para familias con nenos e nenas de ata 12 anos, será o luns 8 a partires das 17:00 horas, tamén no Multiusos, e contará con obradoiros de globoflexia, e maquillaxe, área infantil interior para nenos de ata 3 anos de idade, zancudos e a actuación do grupo musical “As Pamisuky”. Ademais realizarase un desfile infantil de disfraces e tódolos cativos asistentes contarán coa presencia dun total de 5 monitores.

 

Tamén é unha cita recurrente cada ano a dos obradoiros infantís de Entroido, ideais para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais de nenos/as en idade escolar durante as vacacións dos pequenos e solventar o conflito que eles poden ter á hora de conciliar os horarios para non deixalos desatendidos. Estes obradoiros constitúen unha excelente alternativa de ocio e tempo libre para os cativos mosenses mentres os seus pais e nais traballan.

 

A iniciativa consta dun taller na Ludoteca Municipal ubicada en San Rafael, parroquia de Pereiras, que terá  lugar os días 8, 9 e 10 de febreiro dende ás 10:00 horas ata ás 14.00 horas, cun servizo opcional de aula matinal a partires das 08:30 horas, e que está dirixido a nenos de 3 a 12 anos. O custe por participante é de 20 euros, e 12 euros máis no caso de utilizar a aula matinal.

 

O prazo de inscrición estará aberto dende o 26 de xaneiro ata o 4 de febreiro, ambos incluídos, no Rexistro Xeral ou na oficina da OMIX do Concello de Mos (Multiusos das Pozas). A lista de admitidos publicarase o día 5 de febreiro.

 

E o que sen dúbida non podería faltar é o tradicional desfile de comparsas de Mos, que se celebrará o domingo 7 de febreiro ás 17:30 horas na Avenida de Sanguiñeda. O prazo de inscrición neste desfile rematou onte e conta cun total de 21 comparsas participantes inscritas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.