PROVINCIA
Máis de 3.700 persoas participaron no 2015 no programa de termalismo social da Deputación
A institución provincial está traballando na convocatoria deste ano, denominada Depotermal.
![[Img #22581]](upload/img/periodico/img_22581.jpg)
Durante o ano 2015 participaron nos programas de termalismo social da Deputación de Pontevedra máis de 3.760 persoas. Os programas, dirixidos a persoas maiores de 50 anos, incluíron estancias de día e tamén con pernoctación en diversos establecementos termais da provincia.
Os programas de termalismo social da Deputación de Pontevedra teñen como obxecto fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, mediante unha proposta que combina o lecer e a saúde. Asemade, actúan como dinamizadores da economía, ao impulsar o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
Durante o ano 2015, beneficiáronse dos diversos programas de termalismo da Deputación máis de 3.760 persoas, que puideron acceder a estancias de día ou con pernocta en balnearios, talasos e spas. Os usuarios e usuarias, maiores de 50 anos, procedían de 38 concellos da provincia e respondían a diversos perfís sociais.
De cara a convocatoria do ano 2016, a Deputación está traballando nun novo programa denominado “Depotermal”, cuxa primeira edición pretende incidir no seus sociais e contar coa participación activa dos diferentes concellos da provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101