Mos
A Policía Local de Mos reparte os discos horarios que permitirán estacionar na Zona Azul de Puxeiros
Os condutores disporán dun máximo de hora e media de aparcamento gratuíto e o in cumprimento da ordenanza suporá sancións de ata 80 euros
O vindeiro mércores 3 de febreiro dará comezo, no alto de Puxeiros, o estacionamento gratuíto con horario limitado (zona azul).
Esta medida, que afectará a unha zona previamente marcada na Avenida de Puxeiros e outra na Avenida de Sanguiñeda, ten como obxectivo “a rotación e reparto igualitario das prazas de estacionamento de vehículos do termo municipal de Mos. Será por tanto necesario, xa dende o propio mércores, colocar nun lugar visible, un disco horario no que figure a hora de chegada ao estacionamento”.
Estes discos están xa a disposición dos veciños no Rexistro Xeral do Concello e na sede da Policía local de Mos, aínda que tamén serán válidos os discos horarios doutros termos municipais da zona, como os de Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, A Guarda, O Rosal, etc., e incluso, en caso de urxencia ou necesidade, será válido escribir a hora de chegada nun papel.
Quedan prohibidos nesta zona de estacionamento regulado, os vehículos que realicen operacións de carga e descarga, os ciclos, ciclomotores e motocicletas, e os vehículos con P.M.A. superior a 3.500 quilos.
Todos aqueles vehículos que infrinxan as normas que regulan o estacionamento con horario limitado, serán sancionados. Neste sentido consideraranse infraccións leves sobrepasar o tempo estipulado nun período igual ou inferior a 30 minutos, estacionar o vehículo novamente na mesma rúa, sen que transcorresen 2 horas dende a hora de chegada e ocupar dúas prazas ou non axustarse ó espazo marcado para o vehículo. Por outra banda serán consideradas infraccións graves sobrepasar o tempo estipulado nun período superior a 30 minutos, modificar a hora de chegada despois do estacionamento, falta do disco comprobante ou colocación que non permita unha axeitada comprobación do seu contido e estacionamento na zona azul dos vehículos expresamente prohibidos.
As infraccións leves suporá unha multa de 60 euros mentres que as graves será de 80 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129