PROVINCIA
O Goberno da Deputación considera "inaceptable" a decisión do Goberno de España sobre a prórroga a Ence
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, cualificou de "incomprensible e intolerable que o Goberno central, un goberno en funcións, tome a decisión de prorrogar a ubicación de Ence en Pontevedra de forma totalmente unilateral. É inaceptable que un goberno en funcións poida tomar unha decisión como esta que compromete o futuro da cidade durante os próximos 60 anos".
Silva comunicou que o goberno provincial, que integran PSOE e BNG, "apoia as reivindicacións que lidera o alcalde de Pontevedra, Miguel Ángel Fernández Lores que, ademais ten o apoio do grupo municipal socialista no Concello". A Presidenta lembrou que "xa en Xunta de Goberno da Deputación aprobamos unha declaración na que pediamos o cambio de ubicación de ENCE, que se buscase unha localización diferente á Ría de Pontevedra. Por tanto, imos estar á beira de todos aqueles, co alcalde Lores á cabeza, reivindicando que se escoite e respéctese a decisión das pontevedresas e os pontevedreses", engadiu Carmela Silva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101