Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 28 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
GALICIA

A Xunta entrega o premio do I Concurso “Comunicar en Igualdade” á xornalista Iolanda Fernández Casal

O premio tenta recoñecer os traballos xornalísticos que teñan contribuído á defensa e difusión dos valores da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

[Img #22657]

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, entregou hoxe en Santiago o premio do I Concurso “Comunicar en Igualdade”, á xornalista Iolanda Fernández Casal, polo seu artigo “Working girls”, publicado en El Correo Gallego.

 

O premio ten como finalidade recoñecer e recompensar os traballos xornalísticos que teñan contribuído á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero. O premio ten unha dotación económica de 2.000 euros.

 

O concurso ten coma premisa fundamental premiar as boas prácticas xornalísticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como poden ser o sexismo na publicidade, outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero e coa desigualdade por razón de xénero.

 

 

O xurado recoñeceu con 2.000 euros o traballo “Working girls” publicado no xornal El Correo Gallego

 


 
A difusión pública nos diversos medios de comunicación dos asuntos relacionados coa perspectiva de xénero e coa igualdade por razón de sexo, ten unha importancia decisiva na actualidade no labor de concienciación social sobre esa problemática e sobre a promoción da igualdade como obxectivo irrenunciable da nosa sociedade.

 

Por estas razóns, considérase que o órgano competente en materia de igualdade da Xunta de Galicia pode exercer un labor positivo neste sentido mediante a introdución dun estímulo ou incentivo para fomentar a publicación e a investigación sobre esas materias, tanto nos/as profesionais do xornalismo como no alumnado das facultades e escolas universitarias relacionadas con esta profesión.


 
O xurado estivo presidido pola propia titular de Igualdade, tres vogais designados/as pola Secretaría Xeral da Igualdade e outros tres vogais designados/as polo Consello Asesor de RTVE-Galicia e da CRTVG.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.