SALCEDA DE CASELAS
O Plan Xeral de Salceda proxecta un incremento dun 49% do parque residencial
O Grupo Municipal Socialista solicitou a rectificación e modificación do proxecto de PXOM presentado polo Alcalde; e pide "que o Goberno Municipal corrixa ás súas determinacións para que recolla o modelo que os veciños e veciñas de Salceda veñen demandando".
![[Img #22658]](upload/img/periodico/img_22658.jpg)
Para os socialistas, este Plan "proxecta un crecemento urbano inxustificado, insostible e inviable que pretende convertela noutro satélite urbano carente de personalidade e atractivo local".
"Queremos que o PXOM reflexe un crecemento medioambientalmente sostible, dirixido exclusivamente á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas e que sexa economicamente viable. E por suposto, acadando para elo o imprescindible consenso cos axentes do sector, coas asociacións representativas de Salceda e cos veciños e veciñas”, afirma Tourón.
"No PSOE consideramos que o proxecto do PXOM proposto polo Goberno Municipal non reflexa a situación real de Salceda. Basease nunhas proxeccións de incremento de poboación e demanda de vivenda que non responden á realidade e só serven para xustificar o seu proxecto de crecemento 'desarrollista', insostible, desmesurado e innecesario. Pretende que Salceda de Caselas incremente o seu parque residencial nun 49%, basicamente cun incremento desmesurado do casco urbano, conforme a un modelo de 'boom inmobiliario' obsoleto, desprestixiado e que tan nefastas consecuencias ten tido para o urbanismo en xeral e para cada cidadán en particular" asegura.
“Este Plan condena a Salceda a un modelo de desenvolvemento desfasado de alturas e formigón, sen nin sequera definir un modelo económico para a vila, que sería o prioritario", subliña a portavoz socialista Verónica Tourón, “necesitamos un PXOM cunha estratexia de desenvolvemento que aposte pola innovación e a eficiencia, por un desenvolvemento sostible e niso debemos estar de acordo todos e todas”.
Gela Ledo, concelleira socialista afirma que “este proxecto de PXOM esquece que existen outros modelos que están máis acordes coa esencia do que aínda hoxe é Salceda, e que especialmente nos están transmitindo neste período de suxerencias os nosos veciños e veciñas”.
En palabras da portavoz socialista, “a suxerencia do noso grupo é unha emenda á totalidade do Plan, que esixe que o goberno municipal se sente a dialogar e realice os cambios necesarios para que este PXOM sexa asumible”.
Dende a executiva socialista avanzan, que unha vez pasado o Entroido farán charlas informativas en cada unha das parroquias para explicar o contido do PXOM.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149