Mos
Participación Cidadá oferta cursos do programa “Tempo de Lecer” para as asociacións que o desexen
Os obradoiros realizaranse entre os meses de marzo a novembro na data e horario que as asociacións soliciten
![[Img #22684]](upload/img/periodico/img_22684.jpg)
A concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos, dirixida pola edil Kely Monzón, dando continuidade ó programa denominado “Tempo de Lecer”, oferta obradoiros para as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres, etc., que o desexen, dando así resposta á gran demanda por parte destes colectivos, e co fin de conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo e do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social.
Cada asociación que queira participar debe cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: estar inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Mos, non ter débedas co Concello e dispoñer de local propio axeitado e dos equipos e materiais precisos para realizar as actividades solicitadas.
Ofertaranse un listado de diversos obradoiros, diferenciados por áreas, e será a asociación a que elixirá nos que desexa participar, así como a data e o horario, entre os meses de marzo e novembro, parándose no mes de agosto por vacacións.
As asociacións terán de prazo dende o 19 de xaneiro ata o 13 de febreiro para entregar no Rexistro do Concello a solicitude de participación no programa Tempo de Lecer co nome dos cursos que lles interesan e as datas de comezo; a resposta por parte do Concello respecto á admisión no programa, será a partir do 20 de febreiro.
Toda a información referente ás bases e ó listado de obradoiros, pódese consultar na páxina web do Concello, www.mos.es, ou na oficina da OMIX, ubicada no Multiusos das Pozas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129