PROVINCIA
Mosquera anuncia a inminente substitución e mellora da ponte da Gándara sobre o río Rons
O vicepresidente provincial, César Mosquera, presentou a semana pasada o proxecto de substitución e mellora da ponte da Gándara sobre o río Rons, situada en terreos da Xunqueira de Alba, e anunciou que as obras de mellora comezarán no prazo dun mes. A reparación consistirá na instalación dun novo taboleiro e a creación dun paso peonil independente, que se complementará co calmado do tráfico, a mellora da accesibilidade na zona e a rehabilitación do sendeiro que comunica a zona coa estrada de Vilagarcía de Arousa.
A empresa Narom será a encargada de facer os traballos, que tiñan un orzamento de 130.535 euros e se adxudicaon en Xunta de Goberno por 101.726 euros. O prazo de execución é de seis meses, durante os que, nalgúns momentos, será preciso cortar o tráfico na zona.
A situación da ponte, segundo explicou Mosquera, "é deficiente e preocupante dende hai tempo". De feito, valorouse cortala ao tráfico en varias ocasións, xa que o taboleiro está desprazado en relación ás pilastras que o sosteñen, a ferraxe da estrutura está oxidada e a lámina inferior de formigón saltada. "Os técnicos aseguraron que non era preciso un corte inminente da circulación, xa que o propio taboleiro comezaría a ceder de presentarse unha situación de risco, e iso non ocorreu. Estivemos alerta. Fixemos un seguimento para ver se dobraba e non foi así", engadiu o vicepresidente, que insistiu en que a actuación foi considerada "urxente".
De feito, paralelamente a esta vixilancia da ponte, tramitáronse os permisos de actuación para a súa mellora ante Costas e Augas de Galicia, xa que a zona está declarada Espazo Natural de Interese Local (ENIL). A Deputación fíxose cargo da licitación e o financiamento da obra, debido a que se trata dunha localización de dubidosa titularidade entre os concellos de Pontevedra e Poio. Así, na primavera do 2015 firmouse un convenio entre o organismo provincial e o goberno capitalino, no que este se comprometía a redactar o proxecto. Posteriormente iniciáronse os procedementos administrativos para a súa contratación.
Mesmo largo do taboleiro
Segundo explicou Mosquera, aproveitaranse os piares existentes na ponte, que están en boas condicións, e renovarase totalmente a lousa superior sen aumentar as dimensións do taboleiro, que ten un largo de 2,34 metros e permite unicamente a circulación dun vehículo. Considerouse que non se debería realizar a ampliación para non incrementar as expectativas do tráfico na zona e preservar, no posible, o contorno, de acordo co plan de conservación do ENIL.
Así mesmo, debido a que a creación de sendeiros e miradoiros incrementaron, de xeito considerable, o número de persoas que se achegan á Xunqueira de Alba a pé ou en bicicleta para pasear, practicar deporte ou observar a fauna existente, tomouse a determinación de crear un acceso independente para que peóns e ciclistas poidan cruzar o río afastados dos vehículos. Este paso construirase augas abaixo (no lado que se atopa máis preto da cidade) e terá unha estrutura metálica, que soportará un pavimento e unha varanda de madeira tratada.
Como obras accesorias o proxecto inclúe a rehabilitación do camiño que comunica a zona coa estrada de Vilagarcía. Tamén se mellorará a mobilidade peonil e a accesibilidade, coa implantación de dous pasos de peóns sobreelevados, de 2,60 metros de lonxitude, e dous pasos de peóns executados con lousa de formigón de cor ocre, a un lado e outro da ponte, para dar continuidade ás sendas da xunqueira. Finalmente, a actuación complétase coa sinalización horizontal e vertical. Preténdese mellorar a visibilidade, suprimir barreiras e diminuír a velocidade dos vehículos que acceden á ponte, que quedará limitada a 20 quilómetros por hora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22