PONTEAREAS
Ponteareas celebrará o pleno de aprobación do PXOM o 2 de febreiro
A Comisión de Urbanismo ditaminou favorablemente o documento final sen votos en contra.
![[Img #22702]](upload/img/periodico/img_22702.jpg)
O próximo martes, 2 de febreiro ás 20:00 horas, son o día e a hora marcada na convocatoria para que o documento final do Plan xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas sexa valorado polo conxunto da corporación en sesión plenaria extraordinaria, despois de que a Comisión de Urbanismo celebrada na mañá do venres 29 de xaneiro, ditaminara favorablemente o mesmo. A votación non rexistrou votos en contra.
Na Comisión de Urbanismo figura o arquitecto redactor do Plan, a arquitecta municipal e o asesor xurídico, ademais da secretaria municipal. Todos os grupos coincidiron na necesidade de que Ponteareas conte con Plan Xeral de Ordenación Municipal e o goberno agarda que sexa aprobado no pleno co máximo consenso.
Trátase dun documento que pon de manifesto o traballo do goberno anterior e tamén do actual goberno local, con aportes das forzas políticas que conformaban a anterior corporación e a actual.
A data fíxase nunha semana na que o goberno local, encabezado polo alcalde, Xosé Represas, e a concelleira de Urbanismo, Chus Garrote, está mantendo varios encontros con diferentes colectivos para explicar os pormenores do propio documento previo á súa presentación ante a corporación municipal. O xoves 28 de xaneiro produciuse unha reunión do executivo con máis dun cento de directivos de colectivos e asociacións que presentaran alegacións ao Plan. A concelleira de Urbanismo, Chus Garrote.
Esta mesma tarde, a partir das 20:00 horas, terá lugar unha xuntanza cos propietarios dos terreos da Lomba para tratar a posta en marcha do Plan Parcial para esta zona industrial nos vindeiros meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149