PROVINCIA
Franquiatlántico preséntalle á Carmela Silva a súa XVI edición do Salón das Franquicias
![[Img #22741]](upload/img/periodico/img_22741.jpg)
A directora de "Franquiatlántico", Raquel Robledo, presentoulle á Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a XVI edición do Salón das Franquicias que celebrarase en Vigo entre o 26 e 27 de febreiro.
Ambas mantiveron unha xuntanza, na que a directora de Franquiatlántico informou do despegue deste sistema empresarial na nosa comunidade autónoma onde temos 48 empresas que estenden a súa actividade en todo o territorio nacional e algunhas a nivel internacional.
De feito ao longo de 2014 estas empresas galegas tiñan 2.167 establecementos abertos en todo o país dando emprego a máis de sete mil persoas e cunha facturación superior os 550 millóns de euros.
Galicia é a quinta comunidade por sedes de franquicias en todo o país, o que representa a importancia deste tipo de novas empresas na nosa provincia. Precisamente na edición deste ano do salón vaise presentar unha nova franquicia de tinturerías denominada "wash in town" nacida en Vigo.
A Presidenta da Deputación, pola súa banda, destacou a importancia deste tipo de mostras que permiten aos emprendedores acadar un tipo de negocio con todo o apoio tecnolóxico, de negocio e de marketing necesario para impulsar os seus proxectos empresariais. Silva subliñou o traballo que, o través dos distintos centros do CPAE, ven facendo a Deputación na formación e o asesoramento aos emprendedores para a montaxe dos seus negocios ademais da oferta que ofrecen os viveiros das empresas dos polígonos industriais de Barro-Meis e de Lalín para a instalación das novas empresas. Precisamente, ambos viveiros empresariais están a ofrecer tamén espazos de coworking para o impulso dos emprendedores nos primeiros meses, con formación e tutorización dos seus proxectos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61