Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 05 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Todo preparado para os cinco días intensos de Entroido do Porriño

A alcaldesa, Eva García de la Torre, invita a todas as porriñesas e porriñeses a participar no ‘Entroido’ do Porriño, unha das festas máis concorridas da vila na que este ano participan 1.300 persoas nas 19 comparsas inscritas, 14 de adultos e 5 infatís.

 

O programa empeza o Sábado, día 6, ao mediodía, na Praza de Antonio Palacios coa ‘Animación na Rúa’; ás 12:30, a actriz Araceli Saavedra lerá o ‘Pregón’ que, fará mención ao “carácter familiar do Entroido”, unha festa “feita por e para os veciños, na que o que conta son a imaxinación, as gañas de divertirse e a catarse de romper co día cotiá”.

 

[Img #22777]Ás 14:00 h. chegará o ‘Xantar do Entroido Charanga’, antes do ‘73º Xogo da Ola’, na rúa do mesmo nome; ás 16:30, na Praza de Antonio Palacios, ‘Animación na rúa’ que dará paso, ás 18:00 h. ao ‘Gran Desfile de Comparsas’, xunto coa Rondalla Santa Eulalia de Atios, que sairá de Antonio Palacios, pasando por Domingo Bueno, a Praza de San Sebastián, rematando diante do Concello, no que comezará a ‘Gran Festa de Comparsas e Coplas Infantís’. No caso de que chova, as comparsas sairán da Praza de San Sebastián ás 18:30 h. Ás 22:30 chegará a hora da ‘Verbena’, coa Orquesta Nevada.

 

O domingo, día 7, ás 17:00 h, no Círculo Recreativo e Cultural, ‘Festa Infantil’.

 

O luns, día 8, ás 12 na Praza de Antonio Palacios ‘Animación na Rúa’ que seguirá ás 17 h. no Centro Sociocomunitario e na Praza de Antonio Palacios.

 

O martes, día 9, ás 12:00 e as 17:00 h., na Praza de Antonio Palacios, ‘Animación na rúa’. Ás 18:30, dende a Praza de San Sebastián, ‘Gran Desfile de Comparsas’ que abrirá, na Praza de Antonio Palacios as ‘Coplas de Adultos’. Ás 22:00.- ‘Verbena’ co Grupo Marango.

 

O mércores, día 10, ‘Mércores de Cinza’, ás 12 e 17:00 h. ‘Animación na rúa’, na Praza Antonio Palacios; ás 17:00 h. no Centro Recreativo Cultural, ‘Velorio da Sardiña’; ás 19:00 h. ‘Enterro da Sardiña’, que sairá do Centro Recreativo Cultural, seguirá por Domingo Bueno, San Sebastián para chegar á Praza de Antonio Palacios, onde empezará a ‘Copla da Sardiña’, antes da lectura do ‘Testamento’ e, na Ponte do Valo, ‘Lectura das derradeiras vontades’.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.