MOS
Dotar ás ideas empresariais de habilidades obxectivo da Axencia de Colocación de Mos esta semana
Durante os últimos tres días desenrolouse un taller consistente en varias xornadas formativas ás que acudiron 43 emprendedores do Concello.
![[Img #22810]](upload/img/periodico/img_22810.jpg)
Onte rematou o taller de habilidades e competencias para persoas cunha idea empresarial que se levou a cabo na Axencia de Colocación de Mos que dirixe o concelleiro mosense de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto.
Ao longo de tres días, 43 emprendedores tiveron diversas charlas informativo -formativas, que abarcaron dende a análise das habilidades e capacidades de cada emprendedor ata os trámites necesarios para crear unha empresa ou unha sociedade laboral ou cooperativa. Todas as xornadas que se desenvolveron dende o pasado mércores día 3 de febreiro ata hoxe están incluídas na programación informativa dirixida a emprendedores dá Axencia de Colocación, do Plan Integrado de Emprego MOS 3.0 e dos Obradoiros de Emprego con actividade neste momento (Mos coa Mocidade e Mellorar Mos). Esta programación forma parte da Aula de Emprendedores, e é denominada EmprendeMos.
O día 3 de febreiro, o técnico do Igape, Fernando Álvarez, informou a 43 emprendedores do Concello de Mos, sobre os recursos dos que dispón o Instituto Galego de Promoción Económica para apoiar ós emprendedores cunha idea empresarial, no estudo desa idea, na elaboración e titoría do plan de empresan a través da Unidade Galicia Emprende, e todas aquelas axudas, subvencións e préstamos subvencionados, que lle permiten ó emprendedor financiar parte do seu investimento inicial.
A primeira sesión estivo dirixida por Ana Vázquez, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Mos, e tivo como obxectivo que os emprendedores asistentes reflexionasen sobre as súas competencias emprendedoras e habilidades, así como avaliar a súa idea empresarial no entorno no que pretenden desenrolar a actividade.
Para a sesión seguinte, contouse coa colaboración da Asociación Intersectorial de autónomos e pequenas empresas de Galicia (APE), cuxo asesor, Enrique Domínguez Lino, economista e consultor de negocio, impartiu unha conferencia sobre as características do emprendedor que quere darse de alta como autónomo, das vantaxes e inconvintes desta figura, e sobre toda a información fiscal, económica e laboral que necesitan coñecer.
Na última sesión celebrada onte interveu o colaborador, Xosé López, emprendedor do municipio de Mos, a piques de crear a súa empresa , unha consultora de empresas, chamada Do Pazo Consultores Asesores, que se encargou de informar a todos o alumnos/as sobre os diferentes temas a ter en conta á hora de crear unha empresa, en canto a fiscalidade, plans de viabilidade, formas xurídicas, etc.
Tamén se contou coa colaboración de Sinerxia e Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG), a cargo de Teresa Balado Barciela. A súa charla ía dirixida a informarlle aos/as alumnos/as sobre as singularidades de emprender en colectivo, a importancia do plan de empresa cooperativo, e as oportunidades ou vantaxes de utilizar este modelo de empresa para lestes alumnos/as relacionados cos ámbitos de lecer e tempo libre, xestión ambiental, carpintería e obras e xardinería, a parte doutras de diferentes sectores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149