Baiona
Un quentador en mal estado provocou unha leve intoxicación a tres membros dunha familia de Baiona
![[Img #22821]](upload/img/periodico/img_22821.jpg)
Os dous adultos e un menor presentaban dores de cabeza e malestar xeral e, de inmediato, solicitaron asistencia médica. O medidor da ambulancia de Urxencias Médicas que acudiu ao domicilio, no lugar do Burgo, en Baiona, detectou concentración de monóxido de carbono no interior da vivenda.
Os efectivos do GES do Val Miñor sinalan ao mal estado dun quentador a posible causa da fuga, que, non obstante, disipouse despois de que a familia ventilase a estancia. De feito, as medicións realizadas polos membros do GES foron xa negativas. Tras recibir a alerta ás 16:40 horas de hoxe, o persoal do 112 Galicia informou aos técnicos da empresa subministradora do gas para que revisasen a instalación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149