SALVATERRA DE MIÑO
Marta Valcárcel: “A ‘10QFastRace’ dará a coñecer o noso entorno do río Miño e a súa natureza”
![[Img #22827]](upload/img/periodico/img_22827.jpg)
“Temos un entorno maravilloso co río Miño, a súa natureza… A carreira ‘10QFastRace’ é unha oportunidade de valorizar a través da carreira e da andaina todo o noso patrimonio natural”, expresou a primeira Tenente de Alcade de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, na presentación da 10QFastRace As Neves-Salvaterra que se celebrará o domingo 21 de febreiro para a que xa están inscritos máis de 300 atletas.
Valcárcel aludiu a éxito da primeria edición na que houbo máis de 1.000 corredores “e a xente quedou moi contenta”. A idea de que sexan os 10 quilómetros máis rápidos Por outra parte, “en Salvaterra temos dous clubes de Atletismo” engadiu. Ademais, “hai xente non só de Salvaterra senón de Portugal e de concellos limítrofes que veñen habitualmente a correr ó parque de A Canuda porque é un lugar que se presta para isto”.
Para Valcárcel valorizar dos concellos limítrofes como son As Neves e Salvaterra a través dunha carreira como a 10QFastaRace facilita “dar a coñecer o noso entorno”.
Pola súa parte, Xosé Rodríguez Méndez, alcalde da Neves, asegurou que “incorporar As Neves a un evento destas características era case necesario. É unha maneira de entender o desfrute do tempo de lecer e do deporte”. Para Rodríguez Méndez conseguir que sexán os 10 quilómetros máis rápidos é un obxectivo que hai que lograr.
O acto foi presentado por Javier Fernández Domínguez membro do clube de atletismo A Canuda e da asociación do mesmo nome. O evento está patrocinado pola banca Mediolanum e Seguros Bilbao. O Banco de Alimentos vai recibir a doazón de dos participantes en alimentos non perecedoiros.
Na presentación acudiron os campións masculino e femenino do ano pasado, David Bargiela Araújo e Iria Fernández Fontela xunto co presidente do Centro Cultural de O Casal. David confirmou que é “un circuíto moi rápido” e Iría destacou que consiste “nun percorrido con atractivo como é o río ou o país veciño de Portugal”.
Para os que lles gusta camiñar, ademais celebrarase unnha andaina en paralelo duns 15 quilómetros con parada en lugares de interese.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103