Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 08 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño aumenta a súa dotación para o Festival de Cans

[Img #22828]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o director do Festival  de Cans, Alfonso Pato, mantiveron unha xuntanza para definir a  colaboración do Concello co famoso festival audiovisual que, cada ano,  fai da parroquia de Cans o destino de milleiros de persoas, recibe a  destacados artistas e o atrae o seguimento de incontábeis medios de  comunicación.

 

Eva García de la Torre adiantou que a apOrtación municipal ao festival  aumentará nun 20% en relación coa edición de 2015, pasando de 15.000 a  18.000€. Ademais, a Concellería de Cultura,da que a propia alcaldesa é  titular, coordinará co festival a organización de distintas actividades  que xirarán  arredor de Cans e terán como escenario todo o Porriño as datas  anteriores ao inicio do festival.

 

Alfonso Pato, pola súa banda, estivo dacordo en que a vila rinda unha  homenaxe aos veciños da parroquia de Cans, que son os verdadeiros  protagonistas e quenes fan posible que o festival siga existindo e  medrando. Todos os porriñeses se identifican con eles, recoñecendo a súa  contribución, o seu traballo a prol do talento, da imaxinación e da  cultura e por conquerir que o festival sexa un dos sinais de identidade,  de xeito que todos os meses de maio Porriño é Cans.

 

O GOBERNO LOCAL, "ASOMBRADO" POLAS MANIFESTACIÓNS DO CONCELLEIRO DE EU-SON

 

Por outra banda, o goberno local amosa a súa sorpresa polas declaracións  públicas do grupo municipal de EU-Son nas que rexeita a contratación dun  técnico para a área de cultura, vencella este feito a que se preste máis  atención a políticas sociais por parte do Concello e critica o que  cualifica como ‘estancamento’ na xestión realizada nas mesmas.

 

Dende o Concello aseguran que "a sorpresa é aínda maior ao lembrar que, no Pleno da Corporación do  pasado 28 de outubro, o grupo municipal de EU-Son impediu co seu voto  que 1,3 millóns de euros do superávit das contas municipais se adicasen  á realización de proxectos urxentes, necesarios e longamente demandados  polos veciños de varias parroquias do Porriño".

 

"O plantexamento de EU-Son chega a causar estupor polo feito de que unha  organización política que se define como de esquerdas, esqueza  o feito  de que o eido da cultura é un dos máis prexudicados pola crise e as  políticas posteriores dos gobernos estatal e galego. Basten como datos o  recorte, en preto dun 75%, das axudas públicas ás actividades culturais  ou o incremento do IVE, do 8 ao 21%, facendo que España se sitúase á  cabeza da Unión Europea, duplicando a mesma taxa  de Francia e  triplicando a de Alemaña" explican.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.