Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 09 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Protección Civil do Porriño realizou en 2015 preto de 1.500 intervencións

[Img #22829]

 

Os membros da Agrupación de Protección Civil do Porriño interviron o ano pasado en preto de 1.500 ocasións nunha ampla variedade de actividades, emerxencias ou requerimentos dos veciños. A agrupación porriñesa,  considerada unha das máis efectivas e mellor preparadas de Galicia, esta  formada por 22 voluntarios que, como subliña o primeiro tenente de  alcalde, Manuel Carrera, “fan un traballo completamente altruista a prol  dos porriñeses 24 horas ao día 365 días ao ano”.

 

En 2015, os seus integrantes, dirixidos por Jesús González Pexegueiro,  acudiron a 272 accidentes, de tráfico e laboráis, prestaron a súa  colaboración ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, estiveron  presentes en 31 incendios forestais, urbanos e industriais; foron  requeridos para intervir en 32 asolagamentos en todo o concello; levaron  a cabo a retirada de animais as 131 veces que foron alertados para elo;  tiveron presenza, hasta en 615 ocasións, en competicións deportivas, en  estrada, polo casco urbán ou nos pavillóns municipais ou atenderon a  preto de 400 chamadas noutra variedade de casos nos que a súa axuda foi  precisa.

 

Carrera subliña a “importancia” do traballo da agrupación do Porriño que  en 5 anos gañouse a confianza dos veciños que ven na súa laboura “unha  garantía de atención en casos de emerxencia”. O tenente de alcalde  agradece, expresamente, a implicación de Proteción Civil na loita conta  a vespa asiática, “son os seus voluntarios os que, ante a falla de  resposta da administración autonómica ou da empresa Tragsa, os que  retiraron un número incontabel de panais, maila a que non é unha  competencia municipal”.

 

Por todos estos motivos, o goberno local “aumentará de xeito notabel” a  dotación do convenio de colaboración que ten asinado coa Agrupación de  Proteción Civil do Porriño, que ata o ano pasado era de 30.000 € anuais.  “A nosa aposta por estes homes e mulleres que fan unha laboura tan  necesaria e, repito, completamente altruista, é decidida e o noso  recoñecemento e gratitude, total”.

 

Jesús González Pexegueiro, sinala que durante este 2016, en cumprimento  da nova regulamentacion, se realizará a renovación da totalidade da  uniformidade, estarán completamente operativos tanto o hospital de  campaña como os vehículos de apoio e seguirán as accións formativas dos  voluntarios, a meirande parte das cales fanse na Academia Galega de  Seguridade.

 

Ademáis, Proteción Civil fará fronte ao desafío que suporá a celebración  no Porriño da fase final da Copa da Raíña de Balonmán, a metade de  abril, aportando a súa experiencia na cobertura de competicións e  eventos deportivos, e desenrolado o plan de actuación, xa rematado, para  que a presenza no concello de milleiros de afeizoados, deportistas e  xornalistas, se desenrole con total normalidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.27

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.