MOS
Medio Ambiente mellorará os accesos dende a Casa Consistorial e o Centro de Día no Concello de Mos
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo unha reunión coa alcaldesa, Nidia Arévalo, quen lle trasladou que se trata dunha zona de bastante tránsito e que ata o de agora non conta cos accesos adecuados.
![[Img #22880]](upload/img/periodico/img_22880.jpg)
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co concello no acondicionamento do exterior do centro de día e na mellora do vial que da acceso dende a casa consistorial ao centro de día e ao cemiterio. Trátase dunha actuación que se incluirá no Plan hUrbe, co obxectivo de humanizar e poñer en valor os equipamentos dos concellos galegos.
Beatriz Mato indicoulle a necesidade de detallar nun proxecto as obras que se executarán ao abeiro dun convenio de colaboración
A alcaldesa indicou que se trata dunha actuación moi demanda por parte dos veciños xa que se trata dunha zona de bastante tránsito que non reúne unhas condicións de acceso adaptadas. A conselleira avanzoulle que é necesario contar cun proxecto no que se detallen as actuacións e fases, para así poder asinar o antes posible un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello no que se detalle o alcance desta colaboración.
Outro dos puntos abordados na reunión foron as necesidades de saneamento neste concello. A conselleira indicoulle que a Xunta analizará a posibilidade de levar a cabo actuacións neste concello que á súa vez forma parte do Consorcio do Louro co que se están avaliando distintas actuacións para mellorar a calidade das súas augas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149