Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 09 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
DEPORTES

O goberno da Deputación de Pontevedra aproba as bases das primeiras axudas para o deporte federado e o deporte náutico da provincia

A concesión das subvencións será a través do procedemento de concorrencia competitiva e farase con criterios obxectivos para garantir a transparencia e a igualdade de oportunidades.

[Img #22878]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases para conceder as primeiras subvencións a entidades e clubs deportivos para o deporte federado e o deporte náutico na provincia de Pontevedra, co fin de apoiar a súa participación en ligas e competicións de ámbito comarcal, provincial e autonómico no ano 2016.

 

As partidas para o deporte federado son de 300.000 euros e para as actividades do deporte náutico (remo, vela e piragüismo) de 150.000 euros. A concesión destas subvencións será a través do procedemento de concorrencia competitiva e as solicitudes serán analizadas por unha comisión de valoración, que terá en conta criterios obxectivos coma o nivel de competición da entidade, o número de licenzas federativas, o número de equipos participantes por categorías e a súa participación en ligas e competicións de carácter local, provincial e autonómico, ademais de nacional no caso dos deportes náuticos.

 

Cada entidade só poderá presentar unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta, que se realizará a través dos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral, no Servizo de Deportes ou na páxina web da Deputación

 

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, tanto na sede de Pontevedra coma na de Vigo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.