Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 12 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Sanidade analiza co Concello de Pontevedra as opcións a medio e longo prazo para dar a mellor asistencia sanitaria da área

Consellería e Concello veñen de manter esta semana unha reunión de dúas horas nun ambiente cordial.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, vén de manter unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para analizar a situación da sanidade na cidade de Pontevedra e a súa contorna. Durante a xuntanza, de carácter cordial e na que tamén estiveron presentes o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, coincidiuse en que a asistencia sanitaria nesta área está a un bo nivel, aínda que hai unha marxe de mellora na que se debe afondar.

 

A Consellería propuxo ao Concello traballar nun proxecto a medio e longo prazo para mellorar a asistencia e adaptala ás necesidades actuais e futuras dos cidadáns da área de Pontevedra. Neste eido, púxose sobre a mesa a situación actual de infraestruturas sanitarias da zona como os hospitais de Montecelo e o Provincial, e analizouse o punto no que se atopa actualmente o anteproxecto do Hospital de Monte Carrasco.

 

A este respecto, Fernández Lores trasladou ao conselleiro as dificultades que supón este anteproxecto para o Concello no que se refire á urbanización da contorna e a dotación de servizos.

 

Máximo consenso


Vázquez Almuiña transmitiu ao alcalde a súa intención de desenvolver un proxecto co máximo consenso posible, sen desbotar polo de agora ningunha das solucións propostas. Subliñou o compromiso de buscar a mellor solución acadando o acordo e captando as sensibilidades de todos os ámbitos sociais, tanto no que se refire aos profesionais e aos seus representantes -como grandes coñecedores do sistema e capaces de achegar propostas de mellora- como aos cidadáns, aos que se debe o sistema sanitario; co obxectivo tamén de acadar o máximo acordo dos representantes municipais de Pontevedra, xa que considera imprescindible a colaboración da Administración local para levar a cabo calquera gran actuación no eido das infraestruturas sanitarias.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.