Mos
Mos denuncia deficiencias nos seus viais provinciais
A alcaldesa, Nidia Arévalo, e o edil Camilo Augusto, anunciaron hoxe que levarán unha moción a este respecto ó próximo Pleno
![[Img #22923]](upload/img/periodico/img_22923.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o voceiro mosense do Partido Popular, Camilo Augusto, informaron esta semana de que o grupo municipal do PP levará ó Pleno ordinario que se celebrará o vindeiro 29 de febreiro unha moción sobre o Parque de Maquinarias da Deputación de Pontevedra, que leva sen funcionar desde hai seis meses.
“As custosas máquinas, valoradas en preto de 5 millóns de euros, e os traballadores do servizo están parados desde o mes de agosto, momento no que se retiraron dos concellos e non se volveron a mover do recinto” aseguran nun comunicado.
“O Parque de Maquinarias foi ata o de agora un referente en Galicia, e ofrecía un servizo moi importante a todos os concellos da provincia, incluído o Concello de Mos. Por todos é sabido que os concellos teñen recursos moi limitados, principalmente os de menor poboación, e este servizo prestaba unha axuda e un servizo fundamentais. Aínda que o seu principal cometido era o mantemento das estradas provinciais, a realidade é que o apoio que prestaba a concellos e colectivos foi moi importante”, explicaba esta mañá o edil Camilo Augusto.
“Hai máis de 5 millóns de euros investidos na maquinaria deste parque que se están deteriorando, porque as máquinas deterióranse máis paradas que en funcionamento. Só o equipo completo de aglomerado, composto por unha estendedora e tres pisóns, ten un custe aproximado de 600.000 euros. A este hai que sumar o resto de maquinaria: 4 limpiapraias, 4 desbrozadoras, 4 niveladoras, 2 máquinas de cadeas, 2 pisóns, 2 cisternas de asfalto, un camión de bacheo, 1 retroescavadora, 3 palas mixtas, 6 camións, 1 camión góndola, 1 pala cargadora, unha cisterna de auga e un camión grúa. A estes gastos hai que incluír tamén a planta de aglomerado, da que saían preto de 1.000 toneladas diarias, así como os gastos do persoal, que diariamente van a traballar sen nada que facer”, engadiu Augusto.
Neste sentido a rexedora local mosense engadiu que “é difícil de entender que os concellos da provincia estean endebedándose contratando a empresas privadas para garantir as mellores condicións de seguridade nas estradas municipais e provinciais, mentres se desaproveitan os recursos humanos e materiais que hai dispoñibles na Deputación de Pontevedra. Non nos parece de recibo que os traballadores de servizo e todas a maquinaria do parque estean parados e desaproveitados, cando hai moitas e importantes necesidades que cubrir nos concellos. Como exemplo, podemos poñer os danos que as inclemencias climatolóxicas dos últimos meses provocaron en infraestruturas e equipamentos dos concellos, entre eles o noso, o Concello de Mos”.
Necesidades viais concretas de Mos
O Concello de Mos di que “para empezar as dúas estradas provinciais que atravesan o municipio precisan de múltiples actuacións, que se atopan pendentes por estar parado o Parque de Maquinarias da Deputación. Sen ir máis lonxe, e só por poñer algúns exemplos, a Estrada Puxeiros-Mos carece de beirarrúas e padece dunha deficiente limpeza de cunetas; ademais, ó seu paso pola parroquia de Dornelas presenta baches, socabóns, grietas e ausencia de pintado da sinalización horizontal no firme e, ó seu paso por Torroso, hai uns pasos de peóns elevados comprometidos pola administración provincial pendentes de acometer”.
E no caso da Estrada Os Valos-Peinador-Puxeiros, “esta presenta en Arrufana, parroquia de Louredo, remendos de baches que cómpre optimizar e ausencia de pintado da sinalización horizontal no firme; tamén en Louredo aparecen multitude de baches e rexístrase un deficiente desbroce de cunetas; no Santiaguiño, parroquia de Guizán, hai un poste de alumeado en medio da beirarrúa, un sinal de ceda o paso tumbado na rotonda e numerosos baches; en Peinador o firme presenta grietas e remendos de baches, ó igual que na zona que se atopa á altura do Polígono de Faquiña; e en Puxeiros, contémplase unha preocupante ausencia de pintado da sinalización horizontal no firme, sinais oxidadas na rotonda de Puxeiros e un paso de peóns totalmente despintado co incipiente perigo para os peóns que esta realidade implica”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136