Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 14 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Tui celebra este domingo 14 o Enterro do Bacallau e o domingo 21 o desfile-concurso de Entroido

Tui vai celebrar este domingo, 14 de febreiro, o Enterro do Bacallau, e o domingo 21 o desfile concurso de Entroido.


Así foi acordado  polo equipo de goberno logo de que o martes á noite non se chegara a un consenso na reunión mantida coas comparsas.  Por unha banda mantense a celebración do Enterro do Bacallau tal e coma estaba previsto para este domingo día 14. Sairá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando para percorrer a rúa Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, e Paseo da Corredoira con parada no Cantón de Diómedes para dar lectura ao testamento, que este ano correrá a cargo das actrices Areta Bolado e Noelia Castro da Panadaría Teatro. Para portar ao bacallau convídase á comparsa gañadora de 2015 e para o acompañamento musical ao gañador tamén do ano pasado. A comitiva continuará pola praza da Inmaculada, Augusto González Besada, e enlace coa rúa Ourense ata o aparcamento municipal onde se procederá á incineración do Bacallau.


Debido á celebración do Enterro do Bacallau este domingo permanecerá pechado o aparcamento municipal dende ás dez da mañá ata  ás dez da noite.  Amais non se poderá estacionar nin na rúa Seixas nin no Paseo da Corredoira dende ás 14h.


O desfile-concurso de Entroido, aprazado o pasado luns pola choiva, celebrarase o domingo 21 xa que aínda que nas bases do Entroido figuraba coma data alternativa este sábado 13, as malas condicións previstas novamente para este sábado motivaron a decisión de adialo unha semana ata o domingo 21 ás 17h no circuíto establecido polas rúas novas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.