Lunes, 15 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 13 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Concello do Porriño asegura que eliminará as barreiras arquitectónicas "en toda a vila"

[Img #22947]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada dos concelleiros de Vías e Obras, Manuel Carrera, e de Tráfico, Orlando Márquez, mantivo unha xuntanza co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, o responsable desta asociación na provincia de Pontevedra, Celso Álvarez, como paso previo a sinatura dun convenio entre o Concello e Confederación Galega de Minusválidos que permitirá adaptar a vila ás necesidades das persoas con mobilidade reducida.

 

Durante a reunión, na que estivo tamén presente Israel Mercader, integrante da lista electoral do PSOE nas pasadas Eleccións Muncipais e histórico loitador pola integración e a igualdade no Porriño, acordouse que o Concello elaborará un ‘Plan Director’ de eliminación de barreiras arquitectónicas en toda a vila que integrará o convenio entre o Concello e COGAMI, convenio que terá unha duración de catro anos.

 

COGAMI asesorará ao goberno local na realización de todos os proxectos que acometa a Concellería de Vías e Obras, nunha primeira fase en edificios e dependencias municipais, instalacións deportivas, beirarrúas, pasos de peones, mobiliario urbán e estacionamentos do casco urbán e, de seguido, no conxunto das parroquias.

 

Ademáis, o Concello impulsará un ‘Plan de Emprego’ que terá como finalidade a eliminación de barreiras. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.