SALCEDA DE CASELAS
Os socialistas levarán o Plan Xeral polas parroquias
Os Centros Culturais das parroquias acollerán nas próximas dúas semanas charlas informativas sobre o Plan Xeral.
A voceira socialista, Verónica Tourón recalca que a pretensión é que todos os veciños e veciñas teñan oportunidade de coñecer o documento antes de que sexa levado a aprobación inicial.
Dende a executiva sinalan que o Plan Xeral debe facerse baixo as máximas garantías de información, participación e transparencia, e por este motivo queren que os veciños o coñezan. Por iso, a pesar de que xa o PSOE fixo unha charla no centro agora tamén queremos levalo a todas as parroquias, sinala Gela Ledo, concelleira.
Nas charlas explicarán as novidades máis importantes que reflexa o documento do novo PXOM con respecto as normas polas que se rexe Salceda na actualidade. Como sempre, tamén se abrirá unha quenda de preguntas e ademais os veciños poderán consultar o Plan coa súa axuda e resolver as dúbidas que teñan.
As charlas serán ás 20:30 horas nos centros culturais:
- Luns, 15 de febreiro na parroquia de Budiño.
- Martes, 16 de febreiro na parroquia de San Xurxo.
- Mércores, 17 de febreiro na parroquia de Picoña.
- Xoves, 18 de febreiro na parroquia de Entenza.
- Venres, 19 de febreiro na parroquia de Soutelo.
- Martes, 23 de febreiro na parroquia de Parderrubias.
- Mércores, 24 de febreiro no barrio de Barreiro.
- Sábado, 27 de febreiro no barrio de A Feira.
Tourón, “convido a todos os veciños e veciñas a que acudan ó centro cultural da súa parroquia e coñezan o novo Plan Xeral, pois é o documento máis importante do Concello e aféctanos a todos e todas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149