Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 13 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os anegamentos en vivendas de Ponteareas obrigan a desaloxar a oito persoas

[Img #22981]

 

O desbordamento do río Tea en Ponteareas está a causar numerosas incidencias no concello pontevedrés. A acumulación de auga nos garaxes e baixos de varias vivendas foi o motivo polo que un total de oito persoas tiveron que ser desaloxadas dos seus domicilios.

 

Un dos propios implicados chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda, posto que se atopaba no primeiro andar da súa vivenda, sen poder saír e sen subministro eléctrico. Os Bombeiros do Baixo Miño e Ponteareas, ataviados con embarcación, puideron acceder ás vivendas anegadas e realoxar aos residentes nun hotel da vila. Indicaron, ademais, que os niveis do río Tea continuaban moi altos e que as parroquias de Moreira (onde se produciron os desaloxos) e Freixa seguían a estar completamente anegadas. Pese a todo, ninguén resultou afectado.

 

A presenza de balsas de auga en estradas e o anegamento de rúas, vivendas e garaxes tamén se deixaron notar en concellos como A Lama, Cangas, Poio, Mos, A Estrada, As Neves, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Pazos de Borbén. Ademais, os efectivos de emerxencias locais seguen a comprobar o comportamento dos caudais dos ríos en zonas de toda a xeografía galega.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.