Provincia
Os temporais deixan 26 estradas de titularidade autonómica con problemas para o tráfico
![[Img #23002]](upload/img/periodico/img_23002.jpg)
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, está a traballar co fin de arranxar, o antes posible, os problemas causados nas estradas autonómicas polas condicións meteorolóxicas e, en concreto, pola choiva e as fortes escorrentas, que afectaron de forma máis importante ao sur da provincia de Pontevedra.
En total, contabilizamos 26 puntos na rede autonómica con incidentes pola situación meteorolóxica.
Os técnicos pertencentes ao Programa de Conservación Integral que está desenvolver a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mobilizáronse para garantir a circulación en condicións de seguridade nas estradas de titularidade autonómica. Concretamente, están atendendo as diferentes incidencias:
Na provincia de Pontevedra os conductores deben de extremar as precaucións en:
PO-546, Pontevedra- Marín estivo cortada entre as 13:30 e as 15:30 no Pq 4 por fluxo de auga con arrastres na calzada.
PO-233, Ponte Bora-Caballedo a circulación estivo restrinxida por auga de escorrenta procedente do monte entre os pq 8 e 10.
PO-244, Pontecaldelas-Soutomaior un desprendemento de desmonte obrigou á circulación con precaución no pq 7,8.
PO-235, Carballedo-Provincia de Ourense a auga obrigaba a circular con precaución entre os pq 16 e 20.
PO-400, Salvaterra-Filgueira víase afectada, circulándose con restricións nos pq 23 e 26. Ademais, no pq 18,8 foi necesario cortar un carril por un deslizamento de noiro.
PO-331, Porriño-Gondomar había incidencias nos pq 4,5 e 5,7 por deslizamentos de terras con auga.
PO-342, Virxe do Camiño-Cela é necesario circular con precaución polo desprendemento dun desmonte no pq 10,2.
Sen afectar ao tráfico, houbo outros incidentes na CG.41 (Corredor do Morrazo); PO-313 (Marín-Moaña); PO-354 (As Patas-Loureza); PO-408 (PO-403-Fornelos) e PO-344 (Forcadela–Couso) por pequenos desprendementos ou auga na calzada. Hoxe mesmo, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, inspeccionou algúns dos puntos afectados na provincia de Pontevedra e nos que xa se estaba traballando para resolver as incidencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129