Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 16 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
BAIONA

Infraestruturas avanza un investimento de 340.000 euros na mellora do firme da Travesía de Baiona e na construcción dunha glorieta

Vázquez precisa que o proxecto está en fase de redacción e prevese iniciar o proceso de contratación das obras en abril.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulle onte ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, que a Xunta licitará no vindeiro mes de abril as obras de reforzo de firme na travesía desta localidade por preto de 340.000 euros.

 

Vázquez mantivo  unha xuntanza de traballo co rexedor baionés para presentarlle as actuacións de mellora que se executarán ao longo de 3 km da travesía de Baiona, na estrada PO-552.

 

 

Destaca que as as obras executaranse despois do verán, tal e como solicitou o concello, para minimizar as molestias e non entorpecer o paso da Volta Ciclista

 

 

A Xunta tiña previsto actuar nun treito de 2 km, entre a glorieta coa rúa das Areas e a existente ao final da travesía, pero atendendo ás demandas formuladas polo alcalde, ampliarase esta intervención, executando reparacións localizadas de firme ao longo dun quilómetro máis (entre os quilómetros 13 e 14 da travesía).

 

A conselleira explicou que tamén se vai construír unha glorieta no acceso ao Porto de Baiona, dando así cumprimento á solicitude deste municipio pontevedrés.

 

 

En total, as obras abranguerán 3 quilómetros da travesía, atendendo as demandas formuladas polo alcalde

 

 

A titular de Infraestruturas precisou que o proxecto está actualmente en fase de redacción, prevendo telo rematado o antes posible coa fin de licitalo en abril e poder iniciar os traballos o antes posible. Neste sentido, Ethel Vázquez concretou que as obras realizaranse despois do verán, tal e como solicitou o concello, para evitar ocasionar molestias innecesarias a veciños e condutores e non entorpecer o paso da Volta Ciclista a España.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.