Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 16 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As brigadas da Deputación atenden medio cento de urxencias nas estradas provinciais no último día e medio a causa do temporal

Seis brigadas están en activo e outras dúas en alerta xunto con persoal e maquinaria dos parques para atender asolagamentos, desprendementos, fochancas e árbores caídas.

As brigadas de mantemento das estradas provinciais da Deputación de Pontevedra atenderon medio cento de urxencias con motivo do temporal no último día e medio (desde as 00:00 do venres ata as 17:00 horas de hoxe). O servizo ten en activo traballando seis dos oito equipos existentes e en "garda localizada" os demais por se fosen requiridos. Tamén se está a utilizar maquinaria (catro palas retroescavadoras) e persoal dos parques comarcais co fin de dar solución aos asolagamentos, desprendementos, fochancas e árbores caídas na rede viaria provincial.

 

A zona máis afectada é o sur da provincia, con trece actuacións no día de hoxe e doce no día de onte. Os avisos das emerxencias chegaron ao Servizo de Vixilancia provincial fundamentalmente a través do 112, se ben tamén houbo peticións de alcaldes, concelleiros e veciños que alertaban dos problemas que ían xurdindo. Entre os concellos afectados están Arbo, A Lama, Mos, Ponteareas, Crecente, Gondomar, O Porriño, A Cañiza, Mondariz, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén.

 

A zona centro acumula nas 41 últimas horas 19 actuacións na Lama, Caldas, Bueu, Cuntis, Pontevedra, Vilanova de Arousa, Soutomaior, Sanxenxo, Vilaboa ou Redondela centro. Apenas houbo dúas actuacións na zona norte, en Cerdedo e Silleda.

 

Ademais das actuacións urxentes as brigadas están atendendo, na medida do posible, os danos que localizan nas rutas programadas. O obxectivo é, segundo sinalou o deputado de Mobilidade, "a pesar do mal tempo, garantir a maior seguranza viaria e evitar, tanto a viandantes coma a vehículos, situacións de perigo". Ás intervencións provisionais e de urxencia uniranse nos vindeiros días outras obras de mellora.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.