GALICIA
Ás familias galegas que tiveron ou adoptaron un neno ou unha nena reciben a Tarxeta Benvida
Na actualidade, a administración autonómica rexistrou preto de 1.000 solicitudes desta axuda económica directa de 100 euros mensuais para a compra de produtos de alimentación, de hixiene e farmacéuticos.
A Xunta de Galicia entregará esta semana as primeiras cen Tarxetas Benvida aos pais e nais que tiveran solicitado esta axuda económica directa de 100 euros mensuais por un ano. O obxectivo deste medida é contribuír a sufragar os gastos básicos que supón o nacemento ou adopción dun fillo ou filla durante os seus primeiros doce meses de vida.
Así, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, dependente da Consellería de Política Social, comezou hoxe a remitir a través de correo postal o primeiro centenar destas tarxetas moedeiro unha vez resoltas de maneira favorable as peticións das mesmas. Na actualidade, a administración autonómica ten recibido preto de 1.000 peticións de Tarxeta Benvida correspondentes aos nacementos e adopcións producidos no que vai deste 2016, e en vindeiros días continuará coa entrega das mesmas a aqueles pais e nais que cumpran cos requisitos.
A Tarxeta Benvida forma parte dun ambicioso paquete de medidas de apoio á familia e á infancia que está a desenvolver o Goberno galego ao abeiro do Programa de Apoio á Natalidade (PAN). Estas abranguen dende deducións fiscais ata exención de pago nas escolas infantís ou accións de conciliación como o Bono Concilia, entre outras
Neste sentido, cómpre lembrar que teñen dereito á Tarxeta Benvida aquelas familias que acrediten a través da súa última declaración en Facenda que a renda da unidade familiar non supera os 45.000 euros; e nos casos en que si se supera esta cantidade, cando a renda per cápita non sexa superior aos 13.500 euros. A previsión do Goberno galego é que un mínimo de 8 de cada 10 familias galegas están en disposición de recibir esta tarxeta moedeiro cargada con 100 euros mensuais para a compra de produtos de alimentación, de hixiene ou farmacéuticos.
Apoio ás familias e á infancia
A Tarxeta Benvida é unha das novas medidas de apoio á familia e á infancia que a Xunta está a desenvolver ao abeiro do Programa de Apoio á Natalidade (PAN). Trátase dun ambicioso paquete de iniciativas coas que se procura dar resposta ás necesidades dos pais, garantir o benestar das familias e apoialas de maneira continua.
Deste xeito, dentro das accións que contempla o PAN están a dedución fiscal por nacemento ou adopción, o pagamento único por fillos/as menores de 3 anos, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo, o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís, a posta en marcha das Casas Niño no rural, o bono coidado, o bono concilia, a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191