Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 18 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Silvia Taboada consegue o sub campionato galego dos “10 bailes de baile deportivo”

A bailarina dirixe unha escola de baile en Ponteareas dende hai máis de 7 anos

[Img #23097]

 

Silvia Taboada, ponteareá de adopción que dirixe unha escola de baile na vila dende hai máis de 7 anos, vén de conseguir o segundo posto do Campionato Galego dos “10 bailes de baile deportivo”.

 

A proba celebrouse en Vigo o pasado domingo 14 de febreiro e permitiu que Taboada e a súa parella de baile, Celso López Galán, acadaran o sub campionato nun encontro que incluíu tanto os bailes latinos (samba, cha cha chá, rumba, pasodobre e jive) como os standard (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox y quick step).

 

Benito Márquez, concelleiro de Deportes de Ponteareas, eloxiou “a capacidade de traballo que teñen tanto Silvia como a súa parella profesional” e felicitouse por contar “en Ponteareas cunha profesional de tan alto nivel, que en cada unha destas competicións deixa o seu nome e o do Concello nunha posición de privilexio”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.