Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 18 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

A Sala de Exposicións Municipal acolle hoxe unha xornada de maxia solidaria

Será ás 19.30h con aforo para 100 persoas. A entrada terá un prezo de 3€.

Hoxe xoves, 18 de febreiro, a Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, acolle a actuación do mago Paco González e a presentación do documental ‘’Un lugar llamado la Moskitia’’. Trátase dun espectáculo de maxia familiar dirixido tanto a adultos como a nenos e nenas maiores de 4 anos. Esta actuación forma parte da I Xornada de Maxia Solidaria organizada polos Misioneiros Seglares Vicencianos, MISEVI.


A entrada terá un custe de 3 euros por persoa e o aforo está limitado a 100 prazas. Tamén están dispoñibles entradas ‘’Fila 0’’. A recadación destinarase aos proxectos solidarios presentados no documental ‘’Un lugar llamado la Moskitia’’.


O mago Paco González comprobou a situación das persoas que viven na selva da Moskitia (Honduras) e o traballo alí desenvolvido por un grupo de persoas da ONG MISEVI. Sensibilizado cos proxectos solidarios, tomou a decisión de colaborar para recadar fondos para o mantemento dos proxectos educativos, sanitarios e sociais.
Esta I Xornada de Maxia Solidaria proseguirá o venres con actuacións en dous locais en Tui. Será ás 20.30 no Cafe Museu e ás 23.30h no White Clover.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.