Jueves, 11 de Septiembre de 2025

Xornal21
Jueves, 18 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño sede do Campionato de España Infantil Feminino de Clubs de Baloncesto

[Img #23104]

 

O Concello do Porriño, coa colaboración da localidade veciña de Tui,acollerá esta cita, confiando en repetir o éxito organizativo colleitado no ano 2011 en ambas as vilas coa celebración do Nacional na súa categoría Júnior masculina.


Federación Galega de Baloncesto e Concello de Porriño confirmaron este mércores o compromiso oficial polo cal esta vila, coa colaboración do Concello de Tui, convértese en escenario principal para o Nacional de Clubs Infantil Feminino, que terá lugar entre os días 12 e 18 do vindeiro mes de xuño.


O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, recibiu esta mañá na sede central da FGB ao Concelleiro de Deportes de Porriño, Manuel Carrera. Reunidos, perfilaron os detalles do acordo polo cal Porriño repetirá como o plató principal do espectáculo deportivo que sempre traen consigo os 32 equipos que participan nun Campionato de España.


A aposta polo baloncesto feminino e pola capacidade organizativa das vilas de Porriño e Tui, centrou a conversa previa á sinatura do convenio oficial. Tanto Francisco Martín como Manuel Carrera agradeceron a “confianza mutua” amosada polas dúas institucións que representan e mostráronse convencidos da “oportunidade única” a nivel social e económico que supón a máxima cita co Baloncesto Base.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.