MUNDO EMPRESA
Galicia pecha 2015 cun novo récord histórico de exportacións
As vendas ao exterior alcanzaron o ano pasado os 18.831 millóns de euros, un 5,6% máis que en 2014 e un 0,4% máis que a marca lograda no 2013.
Galicia pechou 2015 cun novo récord histórico de exportacións. Así, segundo os datos publicados polo Ministerio de Economía e Competitividade, as vendas ao exterior da comunidade sumaron o ano pasado un total de 18.831 millóns de euros, o que supón un 5,6% máis que o ano pasado e un 0,4% máis que en 2013, ano no que se logrou a que ata a data era a mellor marca.
A comunidade supera en 1,3 puntos o crecemento da media estatal, que se sitúa nun 4,3%, e alcanza un saldo comercial de 3.710,4 millóns, un 11,4% máis que en 2014
Ademais, a comunidade supera en 1,3 puntos o incremento rexistrado a nivel estatal, no que as exportacións medraron un 4,3% en 2015. Por outra banda, o saldo comercial galego foi de 3.710,4 millóns, un 11,4% máis que en 2014, mentres que no conxunto do Estado a balanza comercial foi negativa en 24.173,9 millóns, reducíndose o déficit comercial nun 1,2%.
A industria é clave nestas cifras, e así ao longo do ano pasado o téxtil incrementou as súas vendas ao exterior nun 13,9% e a automoción nun 5,8%, mentres que as exportacións de máquinas e aparatos mecánicos subiron un 13,1% e as de conservas de carne e peixe medraron un 5,7%.
A industria é clave nestas cifras, cun crecemento no téxtil do 13,9%, dun 5,8% na automoción ou dun 13,1% nas vendas de máquinas e aparatos mecánicos
Galicia marca así o seu mellor ciclo exportador, grazas ao esforzo do tecido empresarial, que neste eido conta coa aposta decidida do Goberno galego. A Xunta ten en marcha a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, coa que se busca incrementar as exportacións en máis dun 25% ata 2020, e facer de Galicia un foco de atracción de investimentos especializado en sectores e países concretos.
A Unión Europea seguiu sendo en 2015 o principal destino das exportacións galegas, cun 74,5% do total. O país ao que máis venderon as empresas da comunidade o ano pasado foi Francia, que centrou o 26,1% das exportacións de Galicia, seguido por Portugal (12,6%), Italia (8,1%), Reino Unido (5,8%), e Alemaña, que se sitúa en quinto lugar cun 5,3%. Na sexta posición sitúanse os Países Baixos, cun 3,8%, e Estados Unidos no sétimo lugar, cun 3,3%. Galicia reduce así a súa dependencia de Francia e Portugal, que en conxunto supoñían o ano pasado o 41,3% das exportacións galegas, para pasar agora ao 38,8%, dando maior peso a países como Alemaña, Reino Unido ou Italia e logrando así unha maior diversificación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129