Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 21 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas aproba o convenio de colaboración entre o Concello e as Comunidades de Montes da Picaraña

A proposta do goberno foi aprobada por unanimidade no pleno ordinario celebrado o pasado martes

Ponteareas deu o primeiro paso para converter o Monte da Picaraña nun grande Parque Forestal, tal e como anunciaran o alcalde, Xosé Represas, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Troncoso, o pasado mes de setembro.

 

A corporación local aprobou, por unanimidade, un convenio de colaboración entre o Concello de Ponteareas e as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Ponteareas, Arcos, Bugarín e San Lourenzo de Oliveira. O acordo terá unha duración de 4 anos, con posibilidade de ser prorrogado anualmente.

 

Trátase dun texto que foi previamente aprobado polas diferentes asembleas veciñais de cada comunidade e que permitirá “comezar coa planificación das actuacións de recreo e de medio ambiente que convertirán o Monte da Picaraña nun grande parque forestal, grazas a un Plan Director que contará coa correspondente asignación orzamentaria nos presupostos de 2016”, asegurou o alcalde ponteareán, Xosé Represas, quen recordou que esta iniciativa irá en beneficio de todos, “dos veciños destas parroquias e tamén da veciñanza do casco urbano, facendo do Monte da Picaraña o parque forestal que Ponteareas precisa”.


Na actualidade A Picaraña dispón de dúas rutas de sendeirismo homologadas, varias pistas de descenso de BTT, varias áreas recreativas así como elementos de atractivo turístico como a Pedra do Equilibrio e, nas proximidades, o Penedo dos Namorados, ademais de varios xacementos castrexos. Algunhas comunidades como a de Arcos teñen proxectos xa elaborados para actuacións arqueolóxicas, creación dunha senda micolóxica ou a habilitación dunha zona de escalada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.