Deportes
O Concello e Mos reibiu o Clube de Natación Master
Acadaron a vitoria no Campionato Galego de Inverno
![[Img #23149]](upload/img/periodico/img_23149.jpg)
O pasado día 18 celebrouse unha recepción no Salón de Sesións do Concello de Mos ó Clube de Natación Máster de Mos con motivo da súa vitoria no Campionato Galego, que contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, os membros do Club de Natación Master de Mos e demais membros do equipo de goberno local.
A primeira fin de semana de febreiro celebrouse en Ponteareas o Campionato Galego Master de Inverno, organizado pola Federación Galega de Natación e o Clube de Natación de Ponteareas, con máis de 260 participantes de entre 20 e 84 años, nunha categoría que aglutina nadadores veteranos e afeccionados. Un total de 19 clubes procedentes de toda Galicia competiron en catorce probas diferentes divididas en varias subcategorías.
O esforzo e entrega do Clube Master Mos viuse recompensado neste Campionato, no que o Clube acadou a primeira posición de clubes, sendo Campión Galego Master de inverno.
Ademais das diferentes medallas acadadas polos nadadores nas diferentes probas, o clube conqueriu varios records galegos en probas individuais: a nadadora María Ferreira foi proclamada campiona feminina de Augas Abertas de Galicia, e así mesmo, Celia Iglesias Blanco, de 83 anos, acadou a medalla de ouro nas 3 probas individuais nas que participou, ademais do trofeo á nadadora de maior idade de Galicia.
O Clube Master Mos, formado por 35 nadadores con idades comprendidas dende os vinte ata os oitenta e tres anos, leva participando dende a súa fundación no ano 2010, nas ligas, campionatos da FEGAN e campionatos de España.
No XXII Campionato de España Open de Inverno Natación Master celebrado do 28 ó 31 de xaneiro en Gijón, o clube mosense fixo un gran papel coa participación de 3 nadadores, entre os cales Salvador Sío acadou a medalla de prata na proba de 50 metros braza e Gema Sánchez, o bronze en 200 metros bolboreta, nas súas respectivas categorías.
Ante tan brillantes resultados a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, felicitaron ós nadadores e nadadoras do Club Master de Mos e eloxiaron “o seu esforzo de superación, a súa entrega e espíritu de sacrificio” ó tempo que os animaron a “continuar a ser exemplo de nenos e maiores respecto dos hábitos de vida saudables, o traballo en equipo, e de valores coma o compañeirismo, o xogo limpo e a competitividade sá”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149