Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 23 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta de Goberno da Deputación aproba máis dun millón de euros en axudas do Plan Concellos

Carmela Silva destacou que “xa son máis de 10 millóns de euros os concedidos pola Deputación ós municipios da provincia de Pontevedra, é dicir, en dous meses de 2016 distribuímos o 25% do total do Plan Concellos”.

No marco do Plan Concellos, o novo modelo da institución provincial que converte ós municipios en protagonistas, a Deputación de Pontevedra está a poñer a disposición dos 60 concellos da provincia 40 millóns de euros distribuídos en catro liñas de axuda: investimentos, necesidades de gasto corrente, actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais e axudas para financiar o emprego. En dous meses de 2016, a institución provincial, tal e como subliñou a súa Presidenta, repartiu máis de 10 millóns de euros, é dicir, o 25% do total do Plan Concellos.

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar a concesión dun millón de euros en axudas do Plan Concellos destinadas, tal e como informou Carmela Silva “a 13 concellos da provincia para subvencionar actividades, pagar acredores de investimento e gasto corrente e contratar a 109 traballadores”.

 

En concreto, Silva informou da aprobación da segunda relación de subvencións para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais incluídas na liña 3 do Plan Concellos, beneficiando a Baiona, Caldas de Reis, Cotobade, A Estrada, Meaño e  Portas, que recibirán preto de 90.000 €. Con esta segunda relación de subvencións, son xa máis de 440.590 € os destinados a 24 concellos da provincia de Pontevedra.

 

Amais, a Presidenta da Deputación manifestou que se aprobou a cuarta relación de subvencións para o gasto corrente incluídas na liña 2 do Plan Concellos, beneficiando a Oia e Salvaterra de Miño, que recibirán 135.600 € para poder pagar a acredores de investimentos e facturas. Con Oia e Salvaterra son xa 15 os concellos que recibiron 1.235.600 € para destinar o gasto corrente.

 

Finalmente, Carmela Silva indicou que na Xunta de Goberno, aprobouse a cuarta relación de subvencións para o fomento do emprego (liña 4) por valor de 896.131,19 € beneficiando a cinco concellos da provincia que poderán contratar a 109 traballadores : Pontecesures, Redondela, Soutomaior, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Con esta nova relación de subvencións aprobadas son xa máis de 8,4 millóns de € investidos no fomento de emprego, beneficiando a un total de 57 concellos e contratando a máis de 1.142 persoas.

 

En concreto, Pontecesures recibirá 80.919,47 € para contratar a 3 peóns de obra pública, 2 peóns de auxiliares de xardinería, 3 peóns de limpeza de edificios e fachadas e 1 técnico de protección civil. Redondela recibirá 252.025,04 € para contratar a 2 peóns de limpeza, 1 peón ferreiro, 1 peón carpinteiro, 1 peón electricista, 1 peón fontaneiro, 2 peóns albaneis, 2 peóns teitadores de asfalto, 3 administrativos, 4 ordenanzas, 4 conserxes, 3 guías turísticos e 1 técnico en control ambiental e 2 administrativos. Pola súa parte, Soutomaior recibirá 106.688,21€ para contratar a 2 oficiais de 1ª albaneis, 4 peóns de obra pública en xeral, 1 fontaneiro, 3 peóns forestais e 2 auxiliares de biblioteca, 2 oficiais de 2º albaneis, 1 peón de obra pública en xeral e 2 peóns forestais. Vilagarcía de Arousa recibirá 325.756,52 € para contratar 2 administrativos, 1 monitor ou animador deportivo, 1 condutor operador de retroescavadora, 10 axudantes albaneis, 4 peóns forestais, 3 pintores, 4 instaladores electricistas, 1 carpinteiro en xeral, 2 fontaneiros, 1 soldador e 5 traballadores de conservación de parques. Finalmente, Vilanova de Arousa recibirá 130.741,95 € para contratar 7 peóns de obra pública, 2 albaneis, 1 carpinteiro, 1 fontaneiro, 1 soldador, 1 chofer, 2 tractoristas, 1 palista, 2 conserxes e 1 animador e  3 peóns.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.