GALICIA
O Servizo de Gardacostas requisa máis de 3,5 toneladas de peixe e marisco en diversos operativos nos últimos días
Os axentes da Consellería do Mar fixéronse tamén con 94 aparellos de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle.
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 3.790 quilos de peixe e marisco en diferentes operativos realizados nos últimos días. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 94 aparellos de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle.
A actuación máis destacada foi nun control por estrada en Rande (Vigo). Nela, os axentes de Gardacostas en colaboración cos do Seprona, fixéronse con 3.020 quilos de xurelo por carecer de documentación e ser de talla ilegal. Ademais tamén requisaron de 22 quilos de centola inmadura e ovada.
A actuación máis destacada desenvolveuse en Rande (Vigo), nun control de comercialización, onde os gardacostas e o Seprona comisaron 3.020 quilos de xurelo e 22 de centola
Na ría de Arousa os gardacostas realizaron varios operativos que deron como resultado o comiso de máis 372 quilos de peixe e marisco e a incautación de 69 útiles de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle. A actuación máis relevante fíxose na zona de Barraña e resultou co comiso de 252 quilos de ameixa antirregulamentaria.
Por outra banda, en Carnota, os inspectores tamén realizaron un operativo no que comisaron 200 quilos de mexilla. Ademais, noutros controis desenvolvidos na Costa da Morte, requisaron máis de 76 quilos de diversas especies. O máis destacado foi en Fisterra e nel fixéronse con 46 quilos de lubina e preto de 6 quilos de sargo.
Na praia de Mourisca, na ría de Pontevedra, tamén se rexistrou unha actuación deste servizo, na que se comisaron 6 cacharros de polbo. Ademais, nun control realizado en Arteixo (A Coruña), os axentes de Gardacostas en colaboración cos da Garda Civil, comisáronlle aos furtivos 19 útiles de pesca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191