Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 23 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta recibe o visto bo do Colexio de Arquitectos para trasladar a Cidade da Xustiza á torre do Hospital Xeral

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, reuniuse esta onte coa xunta directiva da Delegación do COAG na cidade olívica para abordar o traslado.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, reuniuse ontecoa xunta directiva da Delegación na cidade olívica do Colexio de Arquitectos de Galicia, quen lle deu o visto bo á iniciativa de trasladar a Cidade da Xustiza á torre do Hospital Xeral.

 

Na xuntanza, López-Chaves fixo un relatorio aos arquitectos do proceso de reunións e encontros, desde a primeira xuntanza da Xunta de Galicia con todo o colectivo da adxudicación ata o día de hoxe, despois de escoitar as opinións das administracións involucradas como o Concello de Vigo e a Tesourería da Seguridade Social, comerciantes e veciños. “Estamos moi satisfeitos do consenso e vontades favorables que está a recibir a Xunta de Galicia por atopar unha solución á Cidade da Xustiza e a ocupación da torre do Xeral”, afirmou o delegado.

 

 

 

Propoñerase a firma dun convenio de colaboración entre a Xunta e o COAG para levar adiante o concurso de ideas

 

 

 

Segundo indicou, despois de coñecer que a idea conta cun amplo consenso, era preciso contar coa opinión dos arquitectos. Neste senso, os membros do COAG ofreceron a súa total colaboración e disposición ao proxecto, o que consideran unha boa oportunidade por ser unha solución rápida para a Cidade da Xustiza.


O delegado da Xunta  trasladou á xunta directiva a conveniencia de que, con carácter previo á convocatoria do concurso, podería ser conveniente asinar un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. As funcións do COAG consistirían en poñer á disposición da Xunta de Galicia a documentación técnica necesaria, crear a páxina web do concurso e aloxala na súa propia páxina web, así como tarefas de difusión, asesoramento e orientación aos profesionais e participar no xurado designando a un profesional para o efecto.

 

 

 

Os arquitectos mostraron a súa satisfacción pola idea e pola rapidez en atopar unha solución á construción da Cidade da Xustiza, ofrecendo a súa colaboración para o proxecto

 

 

 

Sobre o destino dos actuais xulgados, Ignacio López Chaves dixo que “hai que analizar todas as posibilidades para definir ben o seus futuros usos. Temos moito tempo, todos terán que aportar as súas propostas e haberá que facer estudos sobre o que exporemos finalmente, para acertar coa finalidade”.

 

Desde que o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, trasladase aos xuíces e avogados as intencións da Xunta, só pasaron 9 días nos que se avanzou moito para atopar o consenso de todos nun proxecto de cidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.