Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 24 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O suministro eléctrico en Atios estará regularizado en dous meses

[Img #23209]

 

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras comunicou aos veciños dos lugares de Os Galegos, Torre, Carbón e Campo de Fútbol, na parroquia de Atios, que logo de meses de conversas entre o Goberno local e responsables de Fenosa, acadouse un acordo para a conexión da rede de media tensión do transformador de Os Galegos.

 

Manuel Carrera e os representantes de Fenosa estipularon, hai dúas semanas, que o enganche será soterrado e que nun prazo de dous meses estará regularizado o subministro eléctrico aos veciños destes barrios, de xeito que o mesmo teña as mesmas características de potencia e fluidez da electricidade que chega aos domicilios do resto do Porriño.

 

Fenosa xa rematou o proxecto para poder proceder a este ‘enganche’, proxecto que xa se presentou a Industria para que as obras poidan iniciarse nos vindeiros días, de xeito que o subministro chegue baixo terra, e non por postes de alta tensión, ás casas, como demandaban, dende hai moito tempo, a maioría dos veciños.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.