Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 24 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

192 alumnas e alumnos rematan os cursos organizados polo Centro de Formación de Torneiros

[Img #23210]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Emprego, Soledad Girón, entregou, este luns pola mañá no Centro de Formación de Torneiros, os diplomas que acreditan os cursos rematados por 192 alumnas e alumnos de distintas idades, organizados polo centro formativo municipal no pasado cuatrimestre.

 

Os cursos, como salientou a alcaldesa, teñén como finalidade “facilitar a inserción laboral dos asistentes” e darán entrada ás novas iniciativas que porá en marcha o Goberno local e que se complementarán cos “planes de emprego que recollerán os orzamentos municipais para este ano”.

 

Un total de 19 alumnas e alumnas foron acreditados no curso de Informática Básica, cunha duración de 30 horas; 11 en Learn Manofacturing,logo de 32 horas lectivas; Solidworks e Draftsight, cunha duración de 15 horas e seguido por 11 persoas; ‘Construción de figuras en papel maché,máscaras e cabezudos’, de 90 horas para 11 alumnas e alumnos;  ‘Cómo interpretar unha nómina e un contrato’, destinado a 31 persoas durante 15 horas formativas e ‘¿Son a persoa adecuada para este posto de traballo?’, para 9 alumnos durante 20 horas.

 

A formación se complementará con outros dous cursos de ‘Manipulador de Alimentos’, ‘Atención a Maiores’ e ‘Dobraxe e habilidades de Comunicación’, ata completar 435 horas de aprendizaxe, impartidas por 10 profesores, nas que o Concello fixo un investimento superior aos 19.500 €.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.