MOS
Alumnos mosenses coñecen de preto o traballo realizado na radio escolar de Sanguiñeda
Esta semana presenciaron o programa en directo que se leva facendo a diario no centro educativo do CEIP Mestre Valverde Maio dende o ano 1987.
![[Img #23215]](upload/img/periodico/img_23215.jpg)
Esta semana celebrouse no colexio de Sanguiñeda, o CEIP Mestre Valverde Maio, a presentación para os alumnos e alumnas de terceiro de Primaria do colexio de Castro-Mos, Mestre Martínez Alonso, do programa de radio en directo que levan facendo os primeiros a diario no centro educativo de Sanguiñeda dende o ano 1987.
No ano 1987 e con poucos medios pero con moita ilusión comezouse a traballar para poñer en marcha un proxecto que ano tras ano non fixo máis que medrar. A radio está presente en moitos dos momentos da xornada escolar, a música indica a entrada ó colexio, o tempo do recreo e tamén o intre de marchar para casa. É por iso que dende a concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón consideran de gran interese valorar o programa de radio creado no centro educativo Mestre Valverde Maio, achegando ós nenos do colexio Mestre Martínez Alonso a dito centro coa posibilidade de participar nun dos seus programas de radio.
Para a educación dos máis cativos resulta moi interesante e enriquecedor achegarlles as novas tecnoloxías e os medios de comunicación, que son un dos eixos centrais na sociedade actual, a través dos que se recibe gran parte da información. A radio en concreto é un bo medio para desenvolver múltiples habilidades e valores fundamentais entre os nenos e nenas.
Un dos principais obxectivos desta visita é dar a coñecer o traballo que se realiza dende a radio escolar de Sanguiñeda, achegar ó alumnado a un medio de comunicación, amosar os beneficios que aporta a radio ó alumnado que participa e escoita a radio, fomentar valores como o compañeirismo, o traballo en equipo, o coñecemento da nosa lingua e as relacións interpersoais, aportar ós cativos desenvoltura á hora de expresarse, que sexan capaces de desfacerse da vergoña e que aprendan a traballar en equipo, e que interioricen valores coma a cooperación e a colaboración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22