MOS
O Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 forma a 20 persoas no manexo de carretillas elevadoras
Esta acción formativa remata hoxe, cunha duración total de 25 horas.
![[Img #23212]](upload/img/periodico/img_23212.jpg)
20 usuarios do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 estanse a formar no manexo de carretillas elevadoras dende o día 18 de febreiro e ata hoxe, nun curso teórico-práctico que se leva a cabo nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos, cunha duración total de 25 horas, e que forma parte da estratexia en política de emprego deseñada pola concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe o edil Óscar Soto para a presente lexislatura e que se engloba baixo o título Mos, Territorio de Oportunidades.
O Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 conta co apoio económico da consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que financia o Plan por medio dunha subvención de 281.497,48 euros.
Benefícianse deste Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 un total de 90 alumnos e alumnas entre os que hai 46 mulleres, 43 homes, 37 menores de 25 anos, 40 entre 25 e 40 anos e 12 maiores de 40 anos. En canto ós seus perfís por nivel de estudos 26 teñen estudos primarios, 28 Graduado en ESO, 29 ciclos formativos, 3 Bacharelato e 3 estudos universitarios.
O Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, que se prolonga ata finais de agosto de 2016, inclúe sesións de orientación laboral personalizadas con cada un dos usuarios do plan segundo o seu perfil profesional, detectando as necesidades formativas de cada un deles e establecendo un itinerario personalizado de inserción laboral.
As accións formativas transversais a realizar por todos os usuarios ata o remate do Plan son cursos de formación en competencias dixitais básicas para o emprego, curso de introdución ás relacións laborais, curso de inglés adaptado segundo niveis, e curso de redes sociais para a procura de emprego.
As accións formativas segundo cada perfil profesional que os alumnos e alumnas levan a cabo, ademais do curso de carretilleiro, son: un curso atención ao público con nocións de paquetería e escaparatismo, un curso preparatorio para a obtención do Graduado en ESO, un curso preparatorio para a obtención do carné de conducir B e un curso de acompañante de autobús escolar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22