MOS
Mos saca a licitación a parcela da antiga Díquel
O expediente será iniciado no vindeiro Pleno ordinario do 29 de febreiro.
![[Img #23213]](upload/img/periodico/img_23213.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio, Camilo Augusto, informaron onte de que será levado ó Pleno da Corporación Municipal do vindeiro 29 de febreiro o inicio do expediente e aprobación dos pregos económico-administrativos para a adxudicación, -por concurso- e regulación do dereito de superficie, da parcela municipal de uso industrial, antes Díquel, integrante do patrimonio municipal.
Trátase dunha parcela urbana sita no monte Faquiña, con forma rectangular e cunha superficie de nove mil quinientos catorce metros cadrados (9.514 m2). De uso industrial e que linda ao norte co monte en man común de Tameiga; ao oeste, coa Rúa Costa Faquiña e polo sur e leste, tamén co monte en man común de Tameiga.
A edificabilidade atribuíble desta parcela en metros cadrados é de 11.099,67 da cal resta por executar o 47,78% igual a 19.873 metros cúbicos.
Segundo explicaron os representantes municipais durante unha reunión celebrada con técnicos e a secretaria do Concello, este contrato ten como finalidades: por unha banda, o establecemento no termo municipal de Mos de persoas ou entidades que se propoñan establecer grandes investimentos e, polo tanto, situar na localidade grandes explotacións de tipo industrial ou comercial (buscando deste modo, fomentar a riqueza, o emprego e o desenvolvemento xeral do Concello); por outra parte, a rentabilización das parcelas de tipo industrial das que é titular o Concello e, partindo do anterior, a obtención de recursos para os presupostos municipais que, ao cabo redundarán en beneficio de toda a veciñanza. Estes recursos obteranse directamente (prezo da concesión, canon anual), e indirectamente (os tributos xerados pola implantación das empresas).
Obrigas respecto ao fomento do emprego
O adxudicatario deberá de contratar o número de traballadores que sinale na súa oferta, procurando dar preferencia aos os veciños empadroados no Concello.
En todo caso, o número mínimo de traballadores con que ha de contar a empresa desde o momento mesmo do inicio da súa actividade na parcela é de cinco.
O superficiario deberá de cumprir a totalidade das obrigas legalmente impostas pola lexislación vixente en materia laboral, incluída a de prevención de riscos.
Co fin de comprobar o grao de cumprimento da obriga asumida neste aspecto o superficiario deberá de entregar ao Concello nun prazo de 15 días desde a recepción da solicitude neste sentido, listado do persoal contratado e copias dos documentos xustificativos do ingreso das cotas da seguridade social. O Concello poderá reiterar estas solicitudes cunha periodicidade mensual e ata cantas veces estime preciso.
Os usos que a empresa adxudicataria lle poderá dar a esta parcela son vivenda para gardería exclusivamente (unha por industria), garaxe-aparcamento, artesanía, comercio, oficinas, gasolineiras e hostalería en xeral ao servizo dunha estrada e non situados a máis de 50 metros da liña de edificación da mesma.
A altura máxima de edificación na parcela será de 3 plantas e/ou 10 metros.
Establécese como prezo mínimo, ou tipo para a adxudicación do contrato, o importe de 11.100,32 euros de renda anual.
A duración do dereito de superficie será de 50 anos. En todo caso, transcorridos os primeiros 25 anos do contrato, procederase á revisión do canon. Poderá prorrogarse de común e expreso acordo por prazos definidos, sen que estes superen individual ou conxuntamente, os 25 anos.
Unha vez finalizado o prazo de duración do dereito de superficie extinguiranse os dereitos e reverterán o Concello de Mos todas as construcións que sobre a parcela se edificasen.
O expediente de contratación será adxudicado mediante procedemento aberto, á oferta económicamente máis vantaxosa conforme a unha pluralidade de criterios.
Poderán optar á adxudicación do presente contrato as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, que non se encontren incursas nas prohibicións e incompatibilidades para contratar coa Administración e que acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica.
Ademais, as empresas adxudicatarias deberán ser persoas físicas ou xurídicas cuxa finalidade ou actividade teña relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais abondo para a debida execución do contrato.
Os empresarios deberán contar así mesmo coa habilitación empresarial ou profesional que, se é o caso, sexa esixible para a realización da actividade ou prestación que constitúa o obxecto do contrato.
Aquelas empresas ou empresarios que concorran á licitación deberán de constituír previamente unha garantía provisional de 222,01 euros.
Prazo de presentación de ofertas
As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, no horario de oficina de luns a sábados durante os 26 días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (D.O.G. ou B.O.P). Poderán presentarse proposicións por correo, neste caso o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na Oficina de Correos e anunciar o mesmo día ao Órgano de Contratación, por FAX, TELEX ou TELEGRAMA, a remisión da proposición. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a proposición no caso en que se recibira fóra do prazo fixado no anuncio de licitación. Non obstante, transcorridos 10 días desde a terminación do prazo de presentación non será admitida ningunha proposición enviada por correo.
As proposicións constarán de dous sobres cerrados denominados A e B, coas inscricións e contendo a documentación que en cada un se sinala. No interior de cada sobre, necesariamente, farase constar o seu contido en folla independente, a modo de índice, enunciándoo numéricamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22