GALICIA
O DOG publica as axudas de economía de máis de 1,2 millóns de euros para apoiar o cooperativismo
A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste este ano un 45% máis en tres liñas de financiamento para apoiar ás entidades asociativas, oficinas locais e entidades sen ánimo de lucro que colaboran coa Rede Eusumo.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas por valor de máis de 1,2 millóns de euros para apoiar, a través da Rede Eusumo, o cooperativismo e a Economía Social, un sector que aglutina a máis de 7.000 entidades e 320.000 persoas en Galicia. A Xunta incrementa este ano nun 45% estes apoios na súa aposta por impulsar o emprendemento, con especial atención ao rural.
Destas liñas de financiamento poderán beneficiarse 2.000 persoas e 30 asociacións e concellos ou mancomunidades a través de accións de información, difusión e formación.
Destes apoios beneficiaranse ao redor de 2.000 persoas e 30 asociacións e agrupacións de concellos a través de accións de información, difusión e formación
Trátanse de tres liñas de axudas diferentes para apoiar aos colectivos que colaboran coa Rede Eusumo, unha iniciativa posta en marcha polo Goberno galego, grazas á que se acadou desde 2012 a creación de 106 cooperativas e 8 sociedades laborais, que xeran preto de 430 empregos directos. A Rede creouse para fomentar esta fórmula empresarial en todo o territorio de Galicia, impulsando o seu desenvolvemento no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.
Os interesados en optar a calquera dos tres programas contan cun mes de prazo para presentar as súas solicitudes.
O primeiro dos programas ten por obxectivo fomentar e consolidar as asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, financiando parcialmente os seus gastos de funcionamento e a realización de actividades de promoción e fomento da Economía Social. Entre os gastos que se financian destacan alugueiros de locais e equipos, publicacións, mantemento da páxina web da asociación, organización de cursos ou xornadas ou elaboración de proxectos de intercooperación e integración, entre outros.
A segunda liña de axudas está dirixida a promover a posta en marcha de oficinas locais de fomento do cooperativismo e Economía Social. Este programa está destinado exclusivamente aos concellos, a través de áreas metropolitanas, mancomunidades, consorcios locais ou agrupacións dun mínimo de catro concellos. Apóianse con esta actuacións os gastos de creación e mantemento destas oficinas, así como a realización de actividades. A terceira das iniciativas ten como obxectivo axudar ás entidades sen ánimo de lucro adheridas á Rede Eusumo.
O Goberno galego inviste este ano 40M€ para promover o emprendemento con especial atención ao rural, destinando 5M€ para impulsar proxectos de economía social
A Rede Eusumo conta a día de hoxe con 74 colectivos entre entidades locais, asociacións de empresas, universidades ou fundacións que dan cobertura a 14 viveiros de empresas. Desde a súa constitución organizou case 650 actividades formativas ás que asistiron 11.800 persoas e asesorou a máis de 570 grupos promotores para o impulso de proxectos cooperativos con máis de 2.180 persoas implicadas.
Lei de Economía Social
Esta actuación enmárcase na aposta do Goberno galego de impulso ao emprendemento para a que destina nos orzamentos de 2016 un total de 40 millóns de euros. Para fomentar a Economía Social e o emprendemento, o Goberno galego aprobou recentemente, entre outras actuacións, o proxecto de Lei de Economía Social de Galicia, que xa iniciou o seu trámite parlamentario, e que ten como principais obxectivos promover o cooperativismo xuvenil e ofrecer grandes oportunidades para contribuír ao crecemento económico de Galicia desde o rural. Esta normativa impulsará novas iniciativas e axudas por 5 millóns de euros para impulsar proxectos de economía social. Ademais, impulsará un Plan de acción específico para a Economía Social 2016-2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129