Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 25 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta o seu rueiro municipal

Trátase dun documento inédito que resultará de gran utilidade ó tratarse dun municipio enormemente extenso e disperso.

[Img #23251]

Onte celebrouse o acto de presentación do rueiro do Concello de Mos, que inclúe todos as rúas, estradas e camiños do municipio; documento inédito ata a data na localidade mosese. Este mapa, que inclúe as vías das dez parroquias mosenses, repartirase nos domicilios, pero os veciños e veciñas de Mos que queiran facerse con el dun xeito inmediato poden recollelo dende xa en calquera das dependencias municipais (Concello, Urbanismo, Biblioteca Municipal, Axencia de Colocación, etc.).

 

Tamén se deixarán exemplares no Pazo de Mos e nos Albergues de Peregrinos para que os peregrinos e visitantes de fóra de Mos poidan recoller un tamén se lles interesa.

 

O acto de presentación realizado hoxe no salón de sesións da Casa Consistorial mosense contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Patrimonio, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro; e a tamén edil mosense de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro.

 

Sobre este documento a rexedora local destacou “o gran traballo que hai detrás del, dun gran equipo humano, tanto de persoal e técnicos de Urbanismo, como incluso operarios de Vías e Obras. Foi un labor de moitísimos meses”, tal e como explicaba Arévalo, “no que se implicou un equipo dun total de sete traballadores municipais” ós que a alcaldesa lles adicou unha mención especial e lles quizo dar o seu máis sinceiro agradecemento.

 

Nidia Arévalo destacou, así mesmo, o traballo de campo realizado conxuntamente entre a administración local e as Asociacións de Veciños para a renumeración de tódalas vivendas e o nomeamento e tódolos viais do Concello de Mos, previos á confección desde mapa rueiro. Ademais, antes de realizar o rueiro tamén se colocou toda a sinalización dos novos números de vivendas e denominación de vías municipais.

 

O total de mapas que se repartirán dende hoxe ascende a 5.000 unidades, en cuxa producción o Concello investiu un orzamento de 4.300 euros.

 

Este rueiro constitúe unha ferramenta moi útil e demandada en Mos, ó tratarse dun Concello moi extenso e disperso. Entre outras, solventará a dificultade que tiña antes Correos para localizar vivendas e axilizaralles ós carteiros o labor de reparto da correspondencia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.