Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 25 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
ACTUALIDAD

Unha app para erradicar o bullying nos colexios

Trátase dun servizo integral para centros educativos que ofrece comunicación de calidade e talleres sensibilización sobre problemáticas sociais.

Appvise é moito máis que unha aplicación de móbiles para centros educativos. Trátase dun servizo integral tecnolóxico e social, un proxecto revolucionario que se implantará nos centros precursores en tecnoloxía en España nos próximos meses.


Este proxecto de tecnoloxía móbil con enfoque social conta cunha ferramenta de comunicación que facilitará a conexión entre pais, profesores e alumnos. Entre outras cousas, inclúe funcións de localización, seguimento do rendemento e cualificacións do alumno ou de denuncia anónima en casos de bullying. “Appvise resolve a comunicación de grupos extensos de persoas de maneira organizada e nada intrusiva”, defende Carlos Paz, CEO da empresa.


Complementariamente, o servizo ofrece levar a cabo talleres educativos sobre diversidade cultural, protección do medioambiente e dereitos humanos así como de prevención de violencia de xénero, de acoso e sensibilización sobre a resolución deste tipo de problemáticas nos centros participantes co fin de erradicar, en conxunto con organizacións sen ánimo de lucro expertas, os posibles casos identificados a través da aplicación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.