GALICIA
UGT-Galicia adhírese á iniciativa “pasaxes seguras” e apoia a marcha europea polos dereitos dos refuxiados
En Galicia están convocadas para o día 27 tres mobilizacións, en A Coruña, Pontevedra e Vigo.
UGT-Galicia apoia as mobilizacións convocadas para este día 27 de febreiro en diferentes cidades galegas, así como no resto do Estado e Europa, para esixir solucións á crise humanitaria que están padecendo miles de persoas que xa se atopan en territorio da Unión Europea ou que están intentando chegar a el.
A mobilización centrarase na esixencia da creación de “pasaxes seguras” que permitan aos e ás solicitantes de protección internacional chegar á Unión Europea sen poñer en risco as súas vidas e transitar de forma segura a través do territorio comunitario.
En Galicia, do mesmo xeito que se vai facer noutras 40 cidades españolas, están convocadas tres mobilizacións. En A Coruña unha manifestación que sairá ás 19.30 horas da Praia de Riazor para rematar no Obelisco. En Pontevedra tamén está convocada unha manifestación dende a Praza da Peregrina, ás 19.30 horas, ata a Subdelegación do Goberno. No caso de Vigo a manifestación será pola mañá, sairá ás 12.00 horas de Vía Norte para rematar diante do Museo Marco, na rúa do Príncipe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129