O PORRIÑO
O Porriño celebra o 179 aniversario do nacimento de Rosalía de Castro coa obra 'A viaxe de Rosalía'
A semana da celebración do 179 aniversario do nacimento de Rosalía de Castro, que se conmemora en toda Galicia con distintos actos nos que se lembra a vida e obra da poetisa de Padrón, chega ao Porriño da man de Larraitz Urruzola e Teatro Antroido.
Hoxe no Centro Recreativo e Cultural, ás 8 da tarde, á actriz e titiriteira Larraitz Urruzola, por medio de monicreques de grande talla e manipulación de obxectos, acompañada cunha música acaída e composta para esta ocasión, achega ao público as pasaxes máis importantes da vida e obra de Rosalía, unha muller culta, traballadora, valente e que interpretou como ninguén un tempo histórico na súa Terra .
'A viaxe de Rosalía', invita aos espectadores máis pequenos e as ás súas familias, a viaxar xunto coa escritora e a súa madriña Francisca, por medio dun espectáculo cargado de maletas, teas, zapatos e libros a época na que viviu a escritora máis representativa e coñecida de Galicia e moitas das pasaxes da súa poesía, do seu tempo e da fonda sensibilidade e relación co mundo que reflicte nos poemas que lle sobrevivieron e que forman parte esencial da cultura e da forma de entender dos galegos.
O domingo 28 ás 8 da tarde no mesmo escenario Laura Ponte e Roi Vidal, de Teatro Entroido, protagonizarán un acto poético, didáctico e divertido co que pretenden ofrecerlle ao gran público as facetas menos coñecidas desa grande muller que foi Rosalía de Castro. “Rosalías” achegará unha manchea de textos de e sobre Rosalia de Castro para contribuír a espallar unha imaxe renovada na que a padronesa xa non é esa muller sensibleira e romanticona, senón unha intelectual feminista comprometida coa análise da sociedade do seu tempo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158