Miércoles, 14 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 27 de Febrero de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

“Depotermal” disporá de 4.436 prazas para as estadías en balnearios da provincia

Por primeira vez resérvanse 434 prazas para persoas sen recursos económicos ou en risco de exclusión

[Img #23304]

 

A Deputación de Pontevedra porá en marcha o programa “Depotermal”, que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas entre as que se encontran aquelas necesitadas de respiro familiar e social, con estadías en balnearios  da provincia de Pontevedra.

 

Ao longo de 2016 disporán de 4.436 prazas e a gran novidade do novo modelo, que aposta por un compromiso social inequívoco, e que,  por  primeira vez, contarán cunha reserva de 434 prazas gratuítas adicadas ás persoas con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión, que ate agora non podían acceder a este programas.

 

“Depotermal”  contará con dous programas distintos. O primeiro para estadías diúrnas nos balnearios con tratamentos de luns a venres e, o segundo, incluirá a pernoctación nos hoteis.  Os concellos que queiran participar neste programa deberán adherirse ao mesmo unha vez que salgan publicadas as súas bases no Boletín Oficial da Provincia.

 

A estadía diúrna conta con 1.248 prazas, das cales 248 son gratuítas,  e o resto contarán cunha subvención de 40 euros sobre o custe total. As prazas gratuítas serán repartidas entre os 62 concellos, tocando cada administración local a catro prazas.  Para o resto das prazas se estipula tamén unha puntuación para o acceso ao programa segundo as rendas económicas dos pensionistas ou persoas necesitadas do denominado “respiro social.

 

O segundo programa, no que os participantes, pasarán cinco días de estadía nos balnearios coas súas respectivas noites, tamén de luns a venres,  se ofertan un total de 3.186 prazas. Delas 186 serán gratuítas e se repartirán  entre os concellos da provincia en número de tres por cada un. Para poder optar a algunha das prazas reservadas para as persoas sen recursos, en calquera dos dous programas, os participantes deberán achegar un informe dos técnicos sociais de cada concello que acrediten a súa situación persoal que será remitido por estes servizos á propia Deputación.

 

As solicitudes para participar en calquera dos dous programas deberán presentarse unha vez que se publiquen as bases na Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) e no correspondente prazo sinalado nestas mesmas bases. A Deputación de Pontevedra comunicará oficialmente cando se van a poden facer as solicitudes

     

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.