Tomiño
O Anpa Mosteiro organiza a charla“A Fumar Apréndese... A Deixar de Fumar Tamen”
O anpa quere, deste xeito, dar continuidade á súa programación para a prevención das dependencias cos fillos e fillas
![[Img #23307]](upload/img/periodico/img_23307.jpg)
O Anpa Mosteiro organiza a charla“A Fumar Apréndese... A Deixar de Fumar Tamen” a cargo da doutora Angeles Pereira o venres día 4 de marzo as 19:00 horas no Colexio Pedro Caselles, e que nos ofrece a AECC (Asociación Española contra o Cancro). Esta charla está dirixida as persoas adultas, especialmente a aquelas que queiran deixar de fumar.
En semanas posteriores desenvolverase un taller dirixido a persoas fumadoras que se inscriban. É moi notable o éxito que estes talleres que desenvolve a AECC en toda España, e é por iso que o Anpa quere con el dar continuidade á súa programación para a prevención das dependencias cos nosos fillos e fillas. Sen dúbida, as persoas adultas ensinamos co exemplo, e o desenvolvemento desta actividade, non só redundará na nosa saúde, senón tamén seremos un exemplo positivo para eles de como cuestionarnos e como superar unha dependencia, neste caso á nicotina.
A clave da deshabituación tabáquica é modificando as nosas condutas xa que fumar é un hábito e, como tal, pódese abandonar mediante técnicas de conduta; é dicir, aprendendo a actuar de forma diferentes nas situacións nas que, doutro xeito, fumariamos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149